Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá ás 11h presentación da XI Semana de Teatro Amador

16/04/2019

Mañá mércores, 17 de abril,  ás 11 h terá lugar no salón de sesións da casa do concello de Tui a presentación da XI Semana do Teatro Amador que se vai celebrar no Teatro Municipal do luns 22 ao sábado 27 de abril coincidindo coas festas de San Telmo.

Na presentación estarán o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, xunto a representantes dos grupos de teatro participantes: Compañía Artística Interdisciplinar do Espazo Xove, Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui, Aloia da Asociación Aloia de Pazos de Reis, Chirlomirlo e Garabullada da Asociación Xuntanza  de Randufe, e San Fins da Asociación San Fins de Rebordáns.