Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Galería da VIII Gala do Deporte Tudense

29/02/2020

O Teatro Municipal de Tui acolleu o venres, 28 de febreiro, a VIII Gala do Deporte Tudense. 

LISTAXE PREMIOS DEPORTE TUDENSE

  • Premio Deporte Tudense Deportista Feminina: a futbolista Sara González Rodríguez “Sara Tui”
  • Premio Deporte Tudense Deportista Masculino: o triatleta Gustavo Rodríguez e o remeiro Rodrigo Conde
  • Premio Deporte Tudense Deportista Sub 23: a atleta Uxía Pérez Bugarín e o padeeiro Daniel Pérez Cortegoso
  • Premio Deporte Tudense Deportista Veterana Feminina: a padeeira Ana Varela Iglesias e a remeira Maria Cristina González Álvarez
  • Premio Deporte Tudense Deportista Veterano Masculino: triatleta Iván Pereira Iglesias e o equipo masculino do Oito Con Temoneiro do Club Remo do Miño formado por Paulao Martíns, José Manuel Bermúdez, Juan Ramón Vilar, José Manuel Castiñeira, José Alfonso Comesaña, Camilo Abal, Baltasar Márquez, Carlos Juncal e Raquel Comesaña coma temoneira
  • Premio Deporte Tudense Deportista Promesa Femenina: Equipo 4x infantil feminino formado por: Lara Oliveira Alonso, Maria Arias Rodriguez, Martina Juncal Cordo e Ana González Piña
  • Premio Deporte Tudense Deportista Promesa Masculino:  o xogador de balonmán Pablo Gándara González e o ciclista David Fernández Pérez
  • Premio Deporte Tudense Deporte Adaptado: Carlos Estévez Gómez
  • Premio Deporte Tudense Club ou Entidade Deportiva:  Club Remo do Miño e Club Remo Tui
  • Premio Deporte Tudense Club ou Entidade na Promoción do Deporte Base: Judo Club Tudense
  • Premio Deporte Tudense Adestrador/a: a adestradora do Club de Patinaxe Ribex Carolina Figueroa Iglesias
  • Premio Deporte Tudense Firma Comercial:  Telmo Import
  • Mención Especial a outras Entidades: Cámara Municipal De Maia / Club Maia Stars – Torneo Internacional de Balonmán

Recoñecementos

  • Os remeiros Manuel Andres Sabio e Manuel Ángel González recibiron un recoñecemento por ser os primeiros deportistas tudenses en acadar unha medalla nun Campionato de España. Foi a medalla de ouro en dobre scull cadete en 1979
  • Recibiron un recoñecemento honorífico polo seu papel no inicio das artes marciais na cidade Mario Muzas (judo) e Eduardo Méndez (kung fu) e  no ciclismo Máximo Rosada,  Manuel Martínez e José Luís Colmenero, e Rocío Rosada coma pioneira do ciclismo feminino.
  • A título póstumo houbo unha lembranza polo seu papel no deporte tudense para José Antonio Corgo e José Luís González no remo, Eduardo del Valle no baloncesto, Miguel Freijeiro no  fútbol, e Antonio Bugarín en distintas modalidades coma a atletismo, balonmán, natación, piragüismo, xadrez, fútbol...

Recoñecemento aos 28 deportistas tudenses que participaron en competicións internacionais.