Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Estase a elaborar unha listaxe dos comercios abertos ou con entrega a domicilio e dos servizos que ofertan

13/04/2020

Os interesados en figurar nesta compilación deben enviar os seus datos ao correo cfo@tui.gal ou ao teléfono 670 245 633

O Concello de Tui, a través da concellería de Comercio, comezou a elaborar confeccionar unha listaxe dos comercios locais que durante este Estado de Alarma continúan a prestar os seus servizos, ben con atención ao público, coma na modalidade non presencial co servizo de encarga por teléfono ou web, e reparto a domicilio.

O obxectivo, segundo explicaba a concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez, é dobre. Así por unha parte perséguese “apoiar ao pequeno comercio, ao comercio de proximidade, ao que está arriscando a diario abrindo as súas portas, pero tamén aquel outro que non está aberto pero está a realizar envío a domicilio, pequenos produtores…”. Tamén se pretende “facilitar a realización das compras, evitar aglomeracións, colas, e que a veciñanza poida realizar as compras coa maior seguridade posible”.

A listaxe que se elaborará cos datos proporcionados polos propios establecementos será publicada na web tui.gal e será actualizada continuamente.

É por iso que aqueles establecementos comerciais interesados en sumarse a esta iniciativa deben enviar os seus datos ao correo cfo@tui.gal ou ao teléfono 670 245 633. En concreto os datos solicitados son:

  1. Nome comercial do establecemento
  2. Enderezo
  3. Páxina web
  4. Redes sociais
  5. Enderezo de correo electrónico
  6. Teléfono
  7. Tipo de establecemento
    • Produto que oferta
  8. Establecemento con atención presencial
    • Si/No
    • Horario de atención ao publico
  9. Servizo de encarga
    • Si/Non
    • Modo de encarga:
  10. Servizo de entrega a domicilio
    • Si /Nom
    • Cómo realizar o pedido
    • Condicións de entrega