Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Esta fin de semana celébrase a XXIII Feira de Artesanía de Tui

2/05/2019

Participarán unha véntena de artesáns, dos que catro son tudenses.

Esta fin de semana, sábado 4 e domingo 5 de maio, vaise celebrar no conxunto histórico a XXIII Feira de Artesanía de Tui.

A XXIII Feira de Artesanía de Tui celebrarase o sábado 4 e o domingo 5 de maio, de 12 a 22 h na rúa Ordóñez e na Praza de San Fernando, co obxectivo de apoiar a promoción, difusión e comercialización do produto artesán,  así coma a dinamización do conxunto histórico, do Centro Comercial Aberto e da cidade de Tui no eido comercial, social e cultural.

Participarán unha véntena de artesáns galegos, dos que catro serán de Tui, que terán os seus postos na rúa Ordóñez, mentres na praza de San Fernando estará a Asociación de Palilleiras do Baixo Miño.

Os artesáns participantes presentarán pezas de feltro artesá con lá de ovella, marroquinería, calceta e gancho, artesanía téxtil, xoiería, bixutería, complementos,  cerámica e esmaltes, xoguetes, entre outros.  Ao longo da fin de semana sucederanse as actuación de grupos tudenses. O sábado pola mañá actuará o grupo de baile e as pandereteiras Crus do Malleiro da Asociación O Mosteiro de Pexegueiro  e o grupo folclórico Xuntanza de Randufe. Pola tarde será a quenda dos grupos folclóricos San Fins de Rebordáns e Santa Columba de Ribadelouro.  Mentres o domingo actuarán a banda de gaitas Arume de Malvas, o grupo Refaixos e Polainas de Baldráns, as pandereteiras As D’Abadía de Caldelas e a Banda de Gaitas San Xoán de Paramos.

Tui – Feira de artesanía

  • Sábado e domingo
  • Na rúa Ordóñez e praza de San Fernando. 20 postos de exposición e venda de artesanía
  • Sábado
    • Ás 12h grupo de baile O Mosteiro e grupo de pandereteiras Crus do Malleiro de Pexegueiro
    • Ás 13 h grupo folclórico Xuntanza de Randufe
    • Ás 18 h grupo folclórico San Fins de Rebordáns
    • Ás 20h grupo folclórico Santa Columba de Ribadelouro
  • Domingo
    • Ás 12 h banda de gaitas Arume de Malvas
    • Ás 13 h Refaixos e polainas de Baldráns
    • Ás 18 h Grupo de pandereteiras As D’Abadía de Caldelas
    • Ás 20 h Banda de Gaitas San Xoán de Paramos