Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Deportes, actividades infantís, cinema e teatro nas actividades previstas mañá mércores nas Festas de San Telmo

23/04/2019

A promoción do deporte será un dos eixos da programación prevista mañá mércores, 24 de abril, dentro das festas de San Telmo. No novo pavillón municipal, na rúa Coengo Valiño, de 11 a 14 h os nenos e nenas dende os 6 anos poderán practicar bádminton, xadrez e tenis de mesa da man dos clubs Bádminton Tui e Xadrez Tui.

Por outra parte a construción dun barco con material de refugallo centrará as actividades infantís  para nenos e nenas de 5 a 16 anos que dende as 11 h se celebrarán no Centro Sociocomunitario na rúa Colón.

Ás 16.30 h terá lugar a proxección da película “Tadeo Jones 2” dentro da programación de cinema infantil na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica.

Ás 17 h a Coral San Telmo de Tui actuará na Residencia Paz e Ben.

Na terceira xornada da XI Semana de Teatro Amador ás 21 h no Teatro Municipal de Tui o grupo de teatro Aloia de Pazos de Reis estrea “Tres sombreiros altos”.  As entradas, sen numerar, poranse á venda ás 20.30 h ao prezo de 1,5€.

 

Tui – Festas de San Telmo

Mércores 24

  • 11.00h-13.00h No Centro Sociocomunitario actividades infantís *Entrada libre até completar capacidade.
  • 11.00-14.00h Na pavillón novo, Actividades deportivas, Bádminton, Tenis de Mesa, e Xadrez.
  • 16.30h-17.50h Na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica (porta 10) cinema infantil “Tadeo Jones 2” con En Un Tris Trás - *Entrada libre até completar capacidade.
  • 17.00h-18.00h Na Residencia Paz e Ben actuación da Coral San Telmo.
  • 21.00h-22.00h No Teatro Municipal XI Semana de Teatro Amador San Telmo co grupo de teatro Aloia de Pazos de Reis. Estrea de “Tres sombreiros altos” – *Entrada 1,5 €.