Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Biblioteca Municipal de Tui organiza un obradoiro de banda deseñada para mozos

30/04/2009

A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE TUI ORGANIZA UN OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA PARA MOZOS

 

A Biblioteca Pública Municipal de Tui continúa a desenvolver o seu programa de actividades arredor do "Mes do libros" que abrangue ao longo dos meses de abril e maio diversas actividades de animación á lectura e de achegamento ao mundo dos libros.

Para o vindeiro venres 8 de maio a Biblioteca tudense organiza unha "Obradoiro exprés de banda deseñada" que estará a cargo do ilustrador David Prieto "GoChi" nun horario de 18 a 20 horas. A actividade está dirixidas aos mozos e mozas dende os 12 anos de idade e cómpre a inscrición previa na Biblioteca Municipal ou a través do correo electrónico biblioteca@culturatui.info. A inscrición é gratuita.

Nesta actividades os participantes achegaranse sos pasos básicos e conceptos principais da banda deseñada ou "comic". O debuxante coruñés é creador da colección de cómic-books Cerditos de Guinea, era a aposta en formato cómic-book, estilo manga e en branco en negro coa que David Prieto Seijo, "Gochi" se lanzaba ao mundo da autoedición en 2002. Sete anos despois, creou unha nova serie Escola de Piratas coas aventuras do pirata galego Trasmallo. GoChi posúe un currículo ben nutrido que inclúe varios premios e a colaboración en diferentes xornais galegos e publicacións colectivas.

Con esta actividade a Biblioteca Municipal de Tui amplia a súa oferta de actividades ao sector da mocidade ofrecendo este obradoiro que antecede á apertura dunha sección de comics na biblioteca tudense. Unha sección que agardamos fique operativa ao longo do presente mes de maio. As actividades da Biblioteca Municipal continuarán logo arredor da celebración do Día das Letras Galegas.

Esta actividades da Biblioteca tudense se realizan ao abeiro do programa Letras Vivas que promove a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Tui.