Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Colectores Recollida Aceite de Cociña Usado

Un total de 25 colectores para a recollida de aceite de cociña usados son os que hai distribuídos ao longo do termo municipal de Tui. Nas últimas semanas este servizo estendeuse ás parroquias dotando destes colectores a Areas, Baldráns, Malvas, Pexegueiro, Rebordáns, Randufe, San Bartolomeu de Rebordáns, Caldelas, Guillarei, Paramos e Ribadelouro.

En 2019 recicláronse 3626 quilos de aceite de cociña usado, e en 2020 a cifra incrementouse aos 7185 quilos. 

Áreas: 
Medio Ambiente