Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

XVI Play-Doc, International Film Festival

Data: 
29/04/2020
Lugar: 
Área Panorámica

Suspendido debido á pandemia do coronavirus. Polo momento non hai novas datas fixadas

Play-Doc Festival consolídase, edición tras edición, como unha marca única e singular dentro do panorama de eventos culturais que se realizan en Galicia. A súa aposta innovadora e de enorme repercusión mediática, tanto nacional como internacional, convertérono nun verdadeiro referente do ámbito audiovisual. Prestixiosos cineastas e creadores de todo o mundo danse cita nesta festa do cinema xunto aos miles de espectadores que cada ano visitan Tui con motivo deste evento. Para a súa 16ª edición, Play-Doc presentará de novo un amplo e atractivo programa de proxeccións e actividades paralelas como exposicións, concertos, performances, etc.