Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Samuel Diz en concerto con "Memoria da melancolía"

Data: 
16/10/2020
Lugar: 
Teatro Municipal da Área Panorámica

Memoria da Melancolía” é o título do concerto que o músico e investigador tudense Samuel Diz ofrecerá este venres, 16 de outubro, ás 21.30 h no Teatro Municipal de Tui.  Será a estrea do seu novo traballo discográfico que interpretará cunha réplica da guitarra de Federico García Lorca. O concerto estaba previsto par ao mes de marzo pero tivo que ser suspendido debido á pandemia da COVID 19

“Memoria da Melancolía” o traballo discográfico que Samuel Diz presenta en concerto no teatro tudense “é un proxecto concibido dende unha óptica coral, dende unha óptica social e participativa” que parte das memorias autobiográficas de María Teresa León, a quen rende homenaxe.  Está formado por 15 temas de Gustavo Durán, Emiliana de Zubeldía, Baltasar Samper, Regino Saínz de la Maz, Adolfo Salazar, Manuel de Falla ou Carlos Guastavino. Samuel Diz estará acompañado por Benxamín Otero e Yolanda Castaño. 

Entradas á venda dende o mércores ás 20 h e até o venres ás 20.30  h ao prezos de 6€ e 5€. Tamén se poderán adquirir no despacho de billetes o venres de 20.30 a 21.30 h. Capacidade limitada a 180 persoas. 

Comprar Entradas