Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Reunións do equipo de goberno nas parroquias

Data: 
4/11/2019
Lugar: 
Parroquias de Tui

O equipo de goberno vai manter unha serie de reunións nas parroquias tudenses para tratar as necesidades de cada unha delas cos propios veciños.  As persoas que asistan poderán formular as súas preguntas tanto ao alcalde coma aos concelleiros do equipo de goberno.  

O calendario previsto é o seguinte:

  • Luns, 4 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Areas
  • Martes, 5 de novembro, ás 20 h no Local do Sindicato de Malvas
  • Xoves, 7 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Baldráns
  • Venres, 8 de novembro, ás 20h na Casa Cultural de Rebordáns
  • Luns, 11 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Guillarei
  • Xoves, 14 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Randufe
  • Venres, 15 de novembro, ás 20 h no edificio da Macoca en Pazos de Reis
  • Luns, 18 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural Caldelas
  • Martes, 19 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Paramos
  • Mércores, día 20 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Ribadelouro
  • Luns, día 25 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Pexegueiro