Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do libro "A invención da Gallaecia e a minaría do ouro” de Óscar Pazos Rodríguez

Data: 
3/10/2019
Lugar: 
Sala Félix Rodríguez

O xoves, 3 de outubro, ás 20 h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica terá lugar a presentación do libro  “A invención da Gallaecia e a minaría do ouro. Unha tese sobre as orixes de Galicia” de Óscar Pazos Rodríguez. 

Con esta presentación ábrense as actividades de animación á lectura organizadas pola Biblioteca Pública Municipal de Tui co gallo do Día da Biblioteca que se celebra o xoves 24 de outubro. O programa celebrarase baixo o título de “Mes da Biblioteca”.

O libro “A invención da Gallaecia e a minaría do ouro. Unha tese sobre as orixes de Galicia”, que se presenta este xoves en Tui, permite comprender como Galicia se converteu na gran mina de ouro do Imperio Romano e a importancia que tivo este feito para a nosa historia e paisaxe.