Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Perez & Fernández con "Aguratrat"

Data: 
7/11/2020
Lugar: 
Teatro Municipal da Área Panorámica

O sábado, 7 de novembro, ás 18.30 h Pérez&Fernández presentan no Teatro Municipal de Tui "Aguratrat".

Pérez&Fernández adaptaron ao teatro o libro "Esio Trot" de Roald Dahl en "Aguratrat".  A obra está dirixida por Victoria Pérez e Xosé Leis e intepretada por Victoria Pérez, Manu Fernández, Xosé Leis.

Aguratrat achéganos á historia do señor Hoppy, que está namorado da súa veciña, a señora Silver. Axudala a solucionar a súa preocupación pola súa tartagura Alfie, que nin crece nin aumenta de peso, poderá ser un xeito de conquistar o seu corazón.

  • Autor: Roald Dahl
  • Dirección: Victoria Pérez, Xosé Leis
  • Elenco: Victoria Pérez, Manu Fernández, Xosé Leis
  • Adaptación: Pérez&Fernández
  • Escenografía e iluminación: Jose Faro (Coti)
  • Son: Manu Fernández
  • Música: Xabier Romero, Iria Pinheiro
  • Coreografía: Pérez&Fernández
  • Vestiario: María Fernández Vallejo
  • Recomendada: +4
  • Duración: 50 minutos

Entradas 4€ e 3€. Á venda en liña até o sábado ás 17.30 h e dende ás 17.30 h no despacho de billetes. Capacidade reducida a 30 espectadores segundo o establecido na orde do 4 de novembro de 2020 da Consellería de Sanidade publicada no DOG nº223 Bis do 4 de novembro de 2020. 

MERCAR ENTRADAS