Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Magín Blanco con "A nena e o grilo máis aló"

Data: 
15/02/2020
Lugar: 
Teatro Municipal da Área Panorámica

O Teatro Municipal de Tui acollerá o sábado, 15 de febreiro, ás 18.30 h o espectáculo "A nena e o grilo máis aló" da man de Magín Blanco. 

Sinopse: Maxia e música conducen á nena e ao grilo ao país dos mortos onde tentarán atopar a súa amiga a araña Xertudre, a quen esmagan sen querer, para traela de regreso. Unha historia divertida e evocadora que nos transporta ás buscas máis insólitas…

  • Autores: Magín Blanco e Pepablo Patinho
  • Director:  Pepablo Patinho
  • Escenografía:
  • Música e son: Magín Blanco
  • Iluminación: Ana Díaz
  • Elenco: Pepablo Patinho, Montse Piñón, Jorge Casas (Teatro Gazafelhos), Magín Blanco (guitarra e voz) e Cristian Legiero (teclado)
  • Xénero:  Espectáculo músico-teatral
  • Clasificada:
  • Recomendada: +3
  • Duración: 60 minutos
  • Idioma: Galego

As entradas poranse á venda unha semana antes na web www.culturatui.info até o sábado 15 ás 12 h e o mesmo sábado dende ás 17 h no despacho de billetes aos prezo de 4€ e 3 €.