Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Golfiños con “O soño dos golfiños”

Data: 
22/10/2021
Lugar: 
Teatro Municipal da Área Panorámica

Golfiños actuará o venres, 22 de outubro, ás 19.30 h no Teatro Municipal de Tui co seu espectáculo musical “O soño dos golfiños”.

Cun olliño aberto e o outro pechado os golfiños dormen, sempre atentos, dispostos a saltar en calquera momento e chegar ás nubes máis altas cos seus brincos, buscando o seu soño… Neste espectáculo Os Golfiños viaxarán por un mar de músicas cun repertorio moi variado, cantando novos temas e lembrando as súas cantigas de sempre. Enriba do escenario, unha guitarra, un teclado e a voz de Elena Paz.

Nesta viaxe, na procura do soño dos golfiños haberá tempo para bailar, xogar, cantar, rir e soñar, gozando todos e todas en familia deste divertido concerto. Unha oportunidade para volver a casa feliz, cun sorriso nos beizos, cantaruxando novas melodías, e valorar esas pequenas cousas da vida que nos unen. Soñemos cos Golfiños…

Autoría: Elena Paz Alonso

Elenco: Elena Paz Alonso, voz; Jesús Moares Lameiro, teclado; e Javier Ricardo Álvarez Fernández, guitarra.

Xénero: Música infantil | Idioma: galego |Recomendada: + 3 anos | Duración: 45 minutos

Entradas: 4€ e 3€

Entradas á venda até unha hora antes do comezo do espectáculo.