Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Festival Música no Claustro

Data: 
1/08/2020
Lugar: 
Claustro Gótico da Catedral

O Claustro Gótico da Catedral de Tui acollerá do 1 ao 7 de agosto o XIV Festival de Música, Patrimonio e Creación. Aforo reducido.

Programa de concertos:

  • Sábado 1 ás 21:30 h: "Dúas Guitarras entre Portugal e Galicia" con  Gonçalo Cordeiro e Samuel Diz. Homenaxe ao compositor portugués António Fragoso, falecido na pandemia de 1918.
  • Domingo 2 ás 21.30 h: "Cancións dende Cabo Verde" con Manuel Lópes Andrade "Tcheka"
  • Luns 3 ás 21.30 h:  “Ao Cabo Leirín” con Faia e Benxamín Otero
  • Martes 4 ás 21:30 h: Premio Novos Talentos 2018 Noelia González 
  • Mércores 5 ás 21.30 h: "250 anos de música para clave" de Inés Moreno
  • Xoves 6 ás 21.30 h:"Tesouros do Confinamento" con Gara Jazz Quartet formado por Sergio Alonso (Tui), Andrea González (Tomiño), Lois Rivera (A Coruña) e Miguel Piñeiro (A Pobra do Caramiñal)
  • Venres 7 ás 21.30 h: "Quiero contarte" con Miryam Latrece Quartet formado por Miryam Latrece, Marco Mezquida, Pablo Martín Caminero e Michael Oliva

O aforo estará reducido a 60 persoas. Para asistir é preciso reservar entrada o día anterior a cada concerto de 10 a 14h no teléfono 621 358 118. Pódese reservar até un maximo de 3 entradas por persoa.

Consultar protocolo de seguridade

Conversas dixitais que se poderán seguir na canle de Youtube do festival. 

  • Luns 3: “Tui na revista Nós” co historiador tudense Rafael Sánchez Bargiela
  • Martes 4: “80 anos dunha fuxida polo Miño” con Aurora Díaz-Canedo que falará do seu pai Joaquín Díez Canedo
  • Mércores 5: “O paso de Pérez Galdós por Tui” coa filóloga Yolanda Arencibia.

 

Máis información en www.musicanoclaustro.com