Exposición "As Raigañas do Entroido" de Fernando Seadur
Data:
11/02/2020
Lugar:
Anexo da Sala de Exposicións Municipal, na Área Panorámica
O fotógrafo Fernando Seadur. presenta a exposición “As raigañas do Entroido” no anexo da Sala Municipal de Exposicións, na Área Panorámica acolle até o sábado, 7 de marzo.
A mostra presenta unha pequena escolma do amplo arquivo, integrado por máis de 80 mil fotografías, sobre o Entroido galego realizadas por Fernando Seadur. A exposición está organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Tui, dependente da Concellería de Ensino e Cultura do Concello de Tui.
A exposición pode visitarse de luns a venres de 9:30h a 14.00 h e de 15.30 h a 21:00 h, e os sábados de 9:30 h a 14:00 h.