Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Exposición "Estampas Anagrámicas"

Data: 
7/04/2021
Lugar: 
Sala de Exposicións Municipal

Do 7 de abril ao 15 de maio pode visitarse na Sala Municipal na Área Panorámica a exposición "Estampas Anagrámicas" do ilustrador tudense Rafael García Sánchez. 

Son 72 láminas coa orixinalidade que cada debuxo, dedicado a unha persoa ou lugar, está realizado combinando as letras da cada palabra, pero asombrosamente esa combinación de letras logra reproducir ou a cara do personaxe ou o símbolo que identifica a cada lugar. Hai unha mestura de sinxeleza, de calidade no trazo e de modernidade logrando unhas imaxes que anticipan as técnicas de deseño contemporáneo.

Esta exposición “Estampas anagrámicas” foi inaugurada, por vez primeira, no “Lar Gallego” de San Sebastián coincidindo coa festa do apóstolo Santiago do ano 1932.

En xuño do ano 1934 realiza de novo esta exposición no Casino de Tui. No ano seguinte, nos meses de outubro e novembro de 1935, esta mostra foi presentada en Vigo nos salón de “Amigos del Arte”.