Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Concerto da Banda de Música Popular de Tui

Data: 
15/07/2020
Lugar: 
Praza de San Fernando

A Banda de Música Popular de Tui abre a programación cultural do verán o mércores, 15 de xullo, ás 21 h na praza de San Fernando.  Será cun concerto con capacidade para 100 persoas. Débese facer reserva previa de entradas dende o luns 13 de xullo, ás 12 h, en  www.enterticket.es, cun máximo de tres localidades por persoas. 

O acceso farase dende ás 20.30 h por orde de chegada. As entradas non validadas ás 20.50 h poderán reasignarse a outra persoa. 

A Banda de Música Popular de Tui fundouse en 1881 con 31 músicos baixou a dirección de Severino Castillo e posteriormente de Crisanto Castillo. Mantivo unha actividade constante até 1936 cando desapareceu debido á Guerra Civil. Reapareceu en 1942 pero ao pouco a falla de medios económicos a levan de novo a cesar na actividade até 1967. Pero non foi até 1980 canto a Banda de Música Popular de Tui senta bases sólidas, coa creación da Escola de Música e posteriormente do Conservatorio, que dan lugar á actual agrupación. Dende 2019 a Banda de Música Popular de Tui está dirixida por Eloy Carrera Bernárdez.

Entradas

  • Reserva de entradas en www.enterticket.es dende ás 12 h do luns 13 de xullo. Máximo 3 entradas por persoa
  • Acceso ao espectáculo 30 minutos antes do inicio, por orde de chegada
  • As entradas non validadas 10 minutos antes do inicio do espectáculo poderán reasignarse a outra persoa

Protocolo COVID19

  • Desinfección de mans con xel hidroalcohólico no acceso.
  • Obrigatorio o uso de máscara. Só se poderá sacar unha vez sentado.
  • Débese ocupar a cadeira asignada, non se poderá cambiar de emprazamento  nin de cadeira. Débese permanecer sentado até o remate do espectáculo
  • A entrada e saída realizarase polo percorrido indicado. En todo momento seguiranse as indicacións do persoal
  • As e os menores deben permanecer acompañados en todo momento
* En caso de choiva ás 13 h do día do evento comunicarase o seu traslado ao Teatro Municipal ou a súa suspensión. No caso de celebrarse no Teatro Municipal será obrigatorio o uso da máscara durante todo o espectáculo.