Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Cinema "Súper López"

Data: 
17/07/2020
Lugar: 
Paseo Fluvial

O cinema chega dentro da programación "Volvemos á rúa" ao Paseo Fluvial. O venres, 17 de xullo, as 22.30 h proxectarase "Súper López" con capacidade para 300 persoas. 

Javier Ruiz Caldera dirixe esta comedia e superheroes interpretada por Dani Rovira, Alexandra Jiménez, Julián López, Maribel Verdú, Pedro Casablanc, entre outros.

Juan López chegou á Terra dende o planeta Chitón. Non é sinxelo non destacar cando se pode voar, ler a mente, ter supervisión… Porén juan non precisa máis que un cruasán no almorzar para ser feliz, pero aparición de Luisa, un antigo amor, pode facer cambiar as cousas.

ENTRADAS

  • Reserva de entradas en www.enterticket.es dende ás 12 h do luns 13 de xullo. Máximo 3 entradas por persoa
  • Acceso á proxección  60 minutos antes do inicio, por orde de chegada
  • As entradas non validadas 10 minutos antes do inicio do espectáculo poderán reasignarse a outra persoa

PROTOCOLO COVID19

  • Desinfección de mans con xel hidroalcohólico no acceso.
  • Obrigatorio o uso de máscara. Só se poderá sacar unha vez sentado.
  • Débese ocupar a cadeira asignada, non se poderá cambiar de emprazamento  nin de cadeira. Débese permanecer sentado até o remate do espectáculo
  • A entrada e saída realizarase polo percorrido indicado. En todo momento seguiranse as indicacións do persoal
  • As e os menores deben permanecer acompañados en todo momento
* En caso de choiva ás 13 h do día do evento comunicarase o seu traslado ao Teatro Municipal ou a súa suspensión. No caso de celebrarse no Teatro Municipal será obrigatorio o uso da máscara durante todo o espectáculo.