Debido á celebración do Mercado Sustentable de Nadal o Paseo da Corredoira, dende o cruzamento coa rúa Rosa Bahamonde, até o cruzamento coa rúa Ordóñez pecharase o tráfico dende o próximo mércores, 4 de decembro, ás 22 h até o domingo, 8 de decemb
Debido á celebración do Mercado Sustentable de Nadal o Paseo da Corredoira, dende o cruzamento coa rúa Rosa Bahamonde, até o cruzamento coa rúa Ordóñez pecharase o tráfico dende o próximo mércores, 4 de decembro, ás 22 h até o domingo, 8 de decemb
O aparcamento municipal, na traseira da Área Panorámica, pecharase o martes, 3 de decembro, para realizar tarefas de arranxo do firme. Desculpen as molestias.
Dentro da campaña Tui En Negro hoxe, 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, estes son os actos previstos:
Hoxe luns ás 20 h na Casa Cultural de Pexegueiro o equipo de goberno de Tui reunirase coa veciñanza da parroquia.
Debido ao afundimento da beirarrúa e ao risco de afundimento de parte da calzada vénse de cortar un carril e prohibir a circulación a vehículos de máis de 3.500 quilos na rúa Loureiro, na zona da Veiga da Louro, preto da ponte romana.
Por seguridade vénse de pechar a pasarela de madeira que comunica o Paseo da Corredoira cos Xardíns de Troncoso debido ao esbaradizo do firme.
O sábado 23 de novembro, dende ás 14 h, non se poderá estacionar na rúa Ourense, no tramo comprendido entre a rúa Colón e a rúa Lugo. A partir das 17 h realizarase neste lugar un simulacro histórico por parte dos Bombeiros Voluntarios de Valença.
O mércores, 20 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Ribadelouro o equipo de goberno de Tui reunirase coa veciñanza da parroquia.
O equipo de goberno reúnese, o martes, 19 de novembro, ás 20,00 horas na Casa Cultural de Paramos.
O luns, 18 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural Caldelas o equipo de goberno reúnese coa veciñanza para tratar as necesidades da parroquia.
A rúa Bispo Lago - rúa Nova - está pechada ao tráfico hoxe e mañá por obras. Desculpen as molestias.
O Consorcio do Louro informa que hoxe luns, 18 de novembro, de 15.45 h a 17 h haberá un corte no subministro de auga na zona das Valiñas debido a tarefas de mellora na rede.