#Aviso
Mañá venres, 26 de xaneiro, estará pechado o aparcamento municipal na traseira do edificio Francisco Sánchez, por labores de mantemento do firme.
#Aviso
Mañá venres, 26 de xaneiro, estará pechado o aparcamento municipal na traseira do edificio Francisco Sánchez, por labores de mantemento do firme.
Debido a unha avaría, hoxe venres, 19 de xaneiro, de 9.30 a 12.00 h, realizarase un corte no subministro de agua que afectará a Paramos, Baldráns e Caldelas.
Debido a unha rotura na tubaxe producida esta mañá a parroquia de Areas, incluíndo a zona comercial, continúa nestes momentos sen subministro de agua. Estase a traballar para reparar o problema o máis axiña posible.
Actualización 14.38 h Reestablecido o servizo
O venres 24 e o sábado 25 de novembro estará en Tui a unidade móbil de doazón de Sangue. Poderase doar esta tarde de 16 a 21 h e mañá de 10 a 15 h. Situarase na rúa Casal Aboy, a carón do centro de saúde.
Débense retirar todos os vehículos estacionados no Paseo Fluvial, así coma á beira do Miño, ante a previsible subida do caudal debido á apertura de comportas no encoro de Frieira.
Está cortado o acceso dende a praza da Estrela ao Paseo Fluvial. As fortes precipitacións rexistradas na tarde de mércores, 18 de outubro, provocaron o desprazamento do muro das escaleiras e corre risco de derrube.
Debido a labores de mantemento do firme hoxe martes, 10 de outubro, o aparcamento municipal, na traseira do edificio Francisco Sánchez, permanecerá pechado. Desculpen as molestias
Debido a unha avaría arestora está cortado o subministro de auga na Avenida da Concordia. Estase a traballar para a súa reparación.
Hoxe martes, 26 de setembro, está pechado o acceso ao Conxunto Histórico dende o Piñeiro. Débese empregar o acceso por Porta da Pía ou pola rúa Cuenca.
Mañá mércores pola mañá estará cortada a saída 24 de autovía A55 en Guillarei nos dous sentidos de circulación por labores de limpeza.
O Consorcio de Augas do Louro informa que mañá mércores de 9.30 h a 12 h suspenderase o servizo de abastecemento de auga en Cota de Gaio.