Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Unicidade

O proxecto Unicidade, promovido polo Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença ten coma obxectivos:

  1. Crear o Balcón da Eurocidade onde se concentre toda a información relevante para os cidadáns da Eurocidade
  2. Maduración da Axenda Estratéxica da Eurocidade 2019-2021, e por último, proxectando o futuro da Eurocidade e de máis e mellores medios de cooperación territorial, a elaboración do estudo do Futuro da Eurocidade 2030.

Estas accións teñen como propósito construír unha Eurocidade que sexa, nun futuro que se quere próximo, un espazo singular. Un exemplo de cooperación na Península Ibérica e na Europa, avanzando para novos modelos de relacionamento, de segunda xeración, que pretenden, tamén, demostrar e afirmar un novo modelo de cidadanía europea. A Eurocidade será, nun futuro que se quere próximo, un espazo singular (UNICIDADE).

Actividades:

Os resultados globais a atinxir  co proxecto son:

  1. Aumento da cidadanía na Eurocidade.
  2. Xestión de servizos compartidos en implementación.
  3. Maior grao de cooperación nos sectores da educación, deporte, social, cultura e xuventude.
  4. Articulación de políticas rexionais e sectoriais e Axenda AECT.
  5. Maior repartición e utilización dos servizos transfronteirizos.
  6. Reforzo do coñecemento do tecido empresarial (mercado laboral).
  7. Creación de redes de colaboración nos sectores,  turismo, cultura e deporte.
  8. Capitalización de boas prácticas para outras entidades transfronteirizas (AECT, Eurocidades).
  9. Intercambio de experiencias e diseminación de resultados;
  10. Integración nunha rede de cidades de cooperación transfronteiriza.

Datos técnicos:

  • Proxecto aprobado coa asistencia financeira do FEDER e do POCTEP
  • Acrónimo: UNICIDADE
  • Título: Eurocidade Valença-Tui, a Unicidade
  • Área de cooperación: 1.- Galicia-Norte de Portugal
  • Eixo: 4.- Mellora da capacidade institucional e a eficiencia da administración pública a través da cooperación transfronteiriza
  • Beneficiarios: Municipio de Valença - Concello de Tui
  • Data de inicio: 01/10/2017
  • Data de fin: 31/12/2021

Beneficiario

Custo total

FEDER aprobado

% cofinanciamento

Municipio de Valença

203.828,12€

152.871,09€

75

Concello de Tui

309.206,25€

231.904,69€

75

TOTAL

513.034,37€

384.775,78€

75

 

  • Total do proxecto:                              513.034,37€
  • Financiamento do FEDER:                 384.775,78€

 

Áreas: 
Eurocidade