Christopher Pérez Quartet ofrecerá un concerto en Tui no marco do 800 aniversario da Consagración da Catedral
Unha amalgama de sons e estilos musicais resoarán o próximo venres, 20 de marzo, no Teatro Municipal no concerto que ofrecerá Christopher Pérez Quartet, no marco da programación conmemorativa do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui.




