Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

 

 

 

 

Tui e Valença constitúen dende febreiro de 2012 unha Eurocidade, nun proceso que deu oficialidade formal á relación entre as poboacións dende antano. A interacción entre as dúas cidades e a colaboración entre as súas xentes son exemplo de cooperación transfronteiriza. Os dous municipios levan a cabo actividades conxuntas de promoción turística, así coma no eido deportivo e cultural. Desta unión nacerán nun futuro, con toda seguridade, proxectos e camiños que tudenses e valençianos percorrerán xuntos. 

A Eurocidade Tui-Valença presenta un calendario deportivo único en Europa

Undefined

A Eurocidade Tui-Valença presentou esta mañá o seu calendario deportivo para este ano 2026, formado por catorce eventos de 10 modalidades deportivas conforman unha programación única en Europa compartida entre dous municipios de dous países.

Até decembro máis de 8 mil persoas participarán nas distintas probas previstas que suporán un investimento superior aos 65 mil euros.

Os valores democráticos centran o II Congreso Internacional Eurocidade e Educación

Undefined

Os valores e a crise do modelo de sociedade democrática serán os temas clave no II Congreso Internacional Eurocidade e Educación que durante dúas xornadas, venres 30 e sábado 31 de xaneiro, se vai celebrar na Eurocidade Tui-Valença.

Destacadas persoas expertas en educación a nivel nacional e internacional participarán neste congreso que o venres á tarde se celebrará no auditorio da Escola Superior de Ciencias Empresariais en Valença, e o sábado, tanto en horario de mañá coma de tarde, en Tui.  

A Eurocidade Tui-Valença celebra unha Cabalgata de Reis única en Europa

Undefined

A única Cabalgata de Reis entres dous países que se celebra en Europa volverá unir o próximo luns o territorio da Eurocidade Tui-Valença nun evento tan singular coma máxico.

Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán xa ás 10.30 h ao Teatro Municipal de Tui onde serán recibidos polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e polo presidente da Cámara de Valença, José Carpinteira. Comezará logo a recepción real na que, até ás 14 h, os Reis Magos  escoitarán atentos aos nenos e nenas que se acheguen a saudalos.

Tui acolle a reunión anual do Comité de Seguimento Interreg España-Portugal POCTEP 2021

Undefined

A exitosa experiencia de cooperación transfronteiriza entre o Concello de Tui e a Cámara de Valença fixo posible que a cidade acolla hoxe e onte a reunión anual do Comité de Seguimento Interreg España-Portugal POCTEP 2021. O alcalde, Enrique Cabaleiro, e a tenente alcalde, Ana Núñez, déronlles a benvida esta mañá ao municipio nun dos lugares destacados do patrimonio cultural tudense coma é a Catedral de Tui, onde se fixeron a foto de familia.

A Eurocidade Tui-Valença transforma os meses do ano en solidariedade no seu calendario compartido

Undefined

A Eurocidade Tui-Valença vén de editar o calendario do ano 2026 que se transformará en solidariedade grazas ás aportacións da veciñanza dos dous municipios.

Cada exemplar do almanaque poderase obter a cambio de dous quilos de alimentos non perecedoiros. Así a Eurocidade Tui-Valença transforma os meses do ano en solidariedade.

A Eurocidade Tui-Valença recibe máis de medio millón de euros de fondos europeos para actividades culturais e deportivas

Undefined

A Eurocidade Tui-Valença recibirá máis de medio millón de euros de fondos europeos para continuar a desenvolver un programa conxunto de actividades culturais e deportivas. O Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença veñen de recibir a confirmación da concesión de 521.517,71€ para o proxecto Unicidade 2030 a través do Programa de Cooperación Interreg VI-A España Portugal (POCTEP) 2021-2027.

A Urban Trail Night Eurocidade reunirá a máis de 700 atletas este sábado nunha proba única entre dous países

Undefined

Todo preparado na Eurocidade Tui-Valença para recibir este sábado ás máis de 700 persoas que van participar nunha proba única que sorprende cada ano como é a Urban Trail Night Eurocidade que celebrará a súa novena edición. 

Este mediodía o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, o vereador de Desporto de Valença, Óscar Silva, o xefe territorial de Deportes da Xunta, Daniel Benavides, e os organizadores, Serafín Martínez e Justi Peixoto, deron a coñecer todos os detalles deste evento deportivo.

Mañá preséntase a IX Urban Trail Night Eurocidade

Undefined

Maña mércores 26, ás 12.00 horas, no Espazo Sociocultura da rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación da IX Urban Trail Night Eurocidade, proba deportiva incluída dentro do Calendario Deportivo da Eurocidade 2025. Está organizada polas empresas NOKO 360 e Sra Emilia, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença. A IX Urban Trail Night Eurocidade celebrarase este sábado 29, con saída ás 19.30 horas españolas, dende Valença e chegada ao Paseo da Corredoira de Tui.

Páginas

Suscribirse a RSS - Eurocidade