Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui súmase ao proxecto Phygital da Red de Juderías

26/08/2025

Conecta patrimonio, tecnoloxía e experiencia turística en tempo real

O Concello de Tui é un dos 21 municipios da Red de Juderías de España que se suma ao proxecto Phygital. No marco do programa “Experiencias Turismo España”, xestionado pola Secretaría de Estado de Turismo do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, A Red de Juderías está a desenvolver este proxecto “Phygital. Localización, comunicación e propostas. Experiencias en tempo real”, unha iniciativa que une tecnoloxía avanzada, estratexias de comunicación e unha firme vocación patrimonia.

O obxectivo é mellorar a experiencia dos visitantes e optimizar a xestión turística nos enclaves históricos das 21 cidades asociadas. En colaboración coa empresa tecnolóxica Seeketing, o proxecto contempla a implantación dun sistema de recollida de datos baseado en nodos sen fíos capaces de detectar dispositivos móbiles de forma anónima. Esta tecnoloxía proporcionará un mapa de calor en tempo real, detallando rutas, lugares, horarios e puntos de interese e concentración das persoas que visitan as xuderías, e por conseguinte os conxuntos históricos, das cidades da Rede.

Actualmente, e en fase activa de recompilación de información, a iniciativa cobra especial relevancia no contexto estival, ao intensificarse o fluxo de visitantes nos conxuntos patrimoniais da Rede. A implantación está a realizarse nalgúns dos conxuntos patrimoniais máis valiosos do país.

No caso tudense foron instalados no conxunto histórico dous  destes nódulos para a recollida de datos.

Datos que se transforman en experiencias.
Un dos grandes valores do proxecto reside no seu enfoque cara á mellora da experiencia do visitante. Grazas á información solicitada, poderanse deseñar experiencias turísticas máis atractivas e enriquecedoras, desde rutas temáticas ata actividades culturais, gastronómicas e de lecer. A finalidade é acompañar ao visitante no descubrimento do legado xudeu de cada cidade, de forma respectuosa, emocional e participativa. A Red de Juderías busca emocionar, ensinar e conectar cos seus visitantes.

En palabras de César Fernández, Presidente da Rede de Xuderías de España e Alcalde de Ribadavia, a posta en marcha de Phygital “supón un salto cualitativo cara á modernización da oferta turística patrimonial. A combinación de tecnoloxía innovadora e un enfoque centrado no visitante busca converter á Red de Juderías de España nun destino cultural de vangarda, capaz de cativar a viaxeiros de todo o mundo”.

Ademais, a Red convértese nunha das primeiras entidades patrimoniais do país en aplicar un enfoque “phygital” real, integrando o físico e o dixital para protexer, interpretar e compartir o seu legado de forma máis próxima, conectada e consciente.

A concelleira de turismo e patrimonio Ana María Núñez agarda que Tui convértese nun dos escenarios onde comprobar como a aplicación dun modelo ‘phygital’ —que integra o físico e o dixital— pode transformar a relación do visitante cun espazo patrimonial de gran valor histórico.