Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Publicada a  Listaxe definitiva de persoas admitidas, en reserva e excluídas en cada quenda do Campamento Tecnolóxico

30/06/2026

O Concello de Tui vén de publicar a  Listaxe definitiva de persoas admitidas, en reserva e excluídas en cada quenda do Campamento Tecnolóxico que se vai celebrar do 6 ao 31 de xullo. 

  • Cada participante deberá solicitar ata as 14:00 horas do día 02 de xullo, a carta de pago da cota de inscrición das quendas  solicitadas:
    • Presencialmente no departamento de Tesourería do Concello de Tui, de 09.00 a 14.00 horas, indicando o nome do/a participante e as quendas ás que este inscrito/a.
    • Por enderezo electrónico cobros@tui.gal , indicando NIF, nome e enderezo completo do pai/nai/titor/titora tomador/a da taxa, ademais do nome do/a participante e as quendas ás que este inscrito/a.
  •  Para o pagamento da taxa, cada participante terá ata o vindeiro xoves 02 de xullo (inclusive):
    • Telemáticamente: https://tui.ovt.gal/ (escoller a opción Servicios disponibles Sin Certificado Digital / PAGO DE RECIBOS (PASARELA DE PAGOS) / AUTOLIQUIDACIÓN, ata o día 02/07/2026. 
    • Nas entidades ABANCA e BANCO SANTANDER, ata o día 02/07/2025.
  • Calquera dúbida co pagamento, poden contactar ao departamento de Tesourería no enderezo electrónico cobros@tui.gal , ou chamando ao 986603625 [Extensión 3].
  • O importe por participante e quenda é de 15,28 €.
  • A persoa admitida que o día 02 de xullo non fixera o ingreso da cada quenda, será dado de baixa.  
  • No caso de renuncia á algunha quenda, deberán presentala de xeito expreso:
    • Presencialmente no Rexistro do Concello de Tui, de 09.00 a 14.00 horas, indicando o nome do/a participante e as quendas ás que renuncia.
    • Por sede electrónica https://concellotui.sedelectronica.gal/info.0 mediante unha instancia xeral.  

 Listaxe definitiva de persoas admitidas, en reserva e excluídas en cada quenda do Campamento Tecnolóxico