Presentación da XI Eurocidade BTT que forma parte do Calendario Deportivo da Eurocidade 2024
5/03/2024
Mañá mércores, 6 de marzo, ás 12.00 horas españolas, na rúa Olímpicos Tudenses xunto aos Centros Municipais de Piragüismo e Remo, terá lugar a presentación da XI Eurocidade BTT. Esta proba de ciclismo de montaña está organizada pola Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença. Celebrarase o domingo 17 de marzo.
Na presentación participarán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, os concelleiros de Deportes de Tui e Valença, Rafael Estévez e Arlindo Sousa, o delegado da Federación Galega de Ciclismo, Óscar Sánchez, o presidente da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, Eduardo Fernández, así como o ciclista local Manuel Bugallo.