Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

"A Penúltima” de Carlos Blanco colga o cartel de aforo completo no Teatro Municipal de Tui

1/10/2026

Vendidas todas as localidades para o espectáculo que terá lugar mañá venres abrindo a programación de outono

O Teatro Municipal de Tui inicia programación de Outono co aforo completo no primeiro espectáculo. Vendidas todas as localidades dispoñibles para  “A Penúltima” de Carlos Blanco que mañá venres ás 21 h chega ao teatro tudense.

Serán 70 minutos de historias, de risas, e do paso do tempo sobre os que con humor reflexiona Carlos Blanco. 

En tui.gal están xa á venda as entradas para os outros seis espectáculos que terán lugar os venres de outubro e novembro neste espazo escénico.