O Teatro Municipal de Tui énchese de maxia e de música este Nadal
O primeiro concerto, solidario, será este mércores. Hoxe puxéronse á venda as entradas para os eventos do 21, 27 e 28 deste mes
Catro son os concertos que dentro da programación de Nadal acollerá o Teatro Municipal de Tui. Con estes catro eventos este espazo encherase da música e da maxia destas festas.
A primeira das citas será este mércores, 11 de decembro, ás 20 h co Concerto Solidario de Nadal do alumnado do Conservatorio Profesional/Elemental e da Escola de Música Municipal de Tui. Serán os encargados de abrir este mes de maxia e música no Teatro. A entrada, de balde, pódese retirar dende ás 18 h, entregando un quilo de alimentos non perecedoiros, e até completar o aforo.
Dende hoxe pódense adquirir, en tui.gal, as entradas para o Concerto de Nadal na Eurocidade “Estrela”, “A historia de Santa Claus” coa Banda de Música Popular de Tui, e o Concerto Coral de Nadal.
O sábado 21 de decembro, ás 21.30 h, o Concerto de Nadal na Eurocidade contará coas actuacións de Mistura Vocal, Jazzitive, Coro da Academia Música de Valença e de Dance Sen Fronteiras. As entradas teñen un prezo de 7 e 5 euros.
A próxima cita será co concerto “A historia de Santa Claus”, da Banda de Música Popular de Tui, e coa participación do grupo de teatro Aloia de Pazos de Reis, o venres 27 de decembro ás 21.30 h. As entradas teñen un prezo de 5 e 3 euros.
Xa por último o sábado 28, ás 20 h, terá lugar o Concerto Coral de Nadal. Correrá a cargo das corais Ponte das Febres, San Telmo e Centro Sociocomunitario de Tui. As entradas están dispoñibles a 3 e 1 euro.
Programación
Concerto solidario de Nadal do Conservatorio Profesional/Elemental e da Escola de Música Municipal de Tui
- Mércores, 11 de decembro, ás 20 h
- A partir das 18 h Recollida de alimentos non perecedoiros por parte de Sos Tomiño Baixo Miño na porta principal do Teatro
- Entrada de balde ata completar aforo aportando 1 kg de alimentos non perecedoiros
Concerto de Nadal na Eurocidade
- Sábado, 21 de decembro, ás 21.30 h
- Entradas á venda por 7 e 5 euros
- Mistura Vocal, Jazzitive, Coro da Academia de Música de Valença e Dance Sen Fronteiras
Concerto “A historia de Santa Claus”
- Venres, 27 de decembro, ás 21.30 h
- Entradas á venda por 5 e 3 euros
- Banda de Música Popular de Tui
Concerto Coral de Nadal
- Sábado, 28 de decembro, ás 20 h
- Entradas á venda por 3 e 1 euro
- Corais Ponte das Febres, San Telmo e Centro Sociocomunitario