Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O número de visitantes na Oficina de Turismo creceu un 37% en maio con respecto ao mesmo mes do ano pasado

10/06/2025

No último mes 3.013 persoas pasaron por este punto de información turística

Os datos estatísticos da Oficina Municipal de Turismo do pasado mes de maio  confirman a tendencia do progresivo incremento na afluencia de visitantes á nosa cidade ao longo do presente ano. En maio foron atendidos 3.013 visitantes o que supón un incremento do 37% con respecto ás 2.199 persoas atendidas hai un ano.

O crecemento rexístrase tanto no número de peregrinos coma de turistas que pasaron en maio por este punto de información. Así rexistráronse en maio 1194 peregrinos fronte aos 918 de 2024, o que representa un aumento do 30%. Creceu de forma especial o número de turistas que pasa de 1.281 no pasado ano a un total de 1.819 neste ano 2025, cun incremento do 42%.

O desglose destes datos permite comprobar como os peregrinos internacionais (835) superan amplamente aos procedentes de España (359)

As orixes dos peregrinos internacionais confirman como Estados Unidos e Alemaña son os principais países de procedencia dos peregrinos polo Camiño Portugués: EEUU (154), Alemaña (128 ), Reino Unido (38), Canadá (34), Irlanda (33), Australia (27), Taiwán (27) ... Pola súa banda, Madrid e Barcelona manteñen a súa primacía entre os españois: Madrid (55), Barcelona (37), Biscaia (33), Valencia (30), Alacante (24), Las Palmas (22), Tenerife (16) ...

Ao contrario, no que atinxe aos turistas a primacía dos turistas españois é clara (1650) fronte aos estranxeiros (169). Estes últimos chegan especialmente dende Portugal (67 ), Francia (22 ), Alemaña (21), Reino Unido (12), EEUU (11), Arxentina ( 9 ), Brasil ( 5 ) ... Pola súa banda, as orixes dos turistas nacionais  son: Madrid (373 ), Málaga (214 ), Ourense (205), Huelva (132), Barcelona (86), Valladolid (85), Salamanca (68) ...

A concelleira de turismo tudense, Ana María Núñez Álvarez, expresa a súa satisfacción por este datos estatísticos que consolidan a crecente tendencia na afluencia de visitantes á nosa cidade que contribúen eficazmente ao dinamismo económico da cidade, á consolidación do seu sector turísticos e ao posicionamento de Tui como unha das referencia turísticas do sur de Galicia.