Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Mercado de Nadal inunda coa maxia destas festas o Paseo da Corredoira

3/12/2022

Abrirá o luns 5 ás 17 h e até o 5 de xaneiro acollerá unha trintena de postos en catro quendas

A maxia do Nadal inundará a partir do luns, 5 de decembro, o Paseo da Corredoira de Tui. Até o 5 de xaneiro este céntrico emprazamento acollerá o Mercado de Nadal organizado polo Concello de Tui. Artesanía, gastronomía, produtos de agasallo, decoración…todos vinculados ao Nadal e elaborados artesanalmente ocuparán as dez casetas de madeira, coidadosamente decoradas e iluminadas, que acollerán a trintena de postos que participarán nesta actividade durante as catro quendas establecidas.

A apertura do Mercado terá lugar o luns ás 17 h da tarde. Até o domingo 11 presentarán os seus produtos Artesanía O Pereiro, Arco da Vella, CEIP Pazos de Reis; Cerámica Ferreira, Churrería Chocolateria Patry, Club de Patinaxe Artístico Ribex, Do Gaiteiro, Entre Telas, La Aguada Artesanías, Mari Fastudio, Mel Liñares e Ruta 82.

Na segunda quenda do Mercado, do 11 ao 18 de decembro, participarán a Asociación San Vicente de Paúl, D'Charo, Club de patinaxe Ribex, Entre Telas, Entre Plantas, Mari Fastudio, BC Artesanía do Camiño, Feito de Pau, Luz de Pirilampo, Aloia Protectora de animais, Churrería Chocolatería Patry e Ruta 82.

Na terceira quenda do 19 ao 24 de decembro participan Hidromel Fenrir Galicia, Ideasperegrinas, Paladarqueso, LeLatecrea, Laura Triñanes, Cestería Jesús, Mar Jewerly, Coco Bisutería, Artesania Corman. ALOIA Protectora de Animais de Tui, food truck Ruta82 e Churrería Patri.

O Mercado de Nadal, na Corredoira, abrirá de luns a xoves de 17.00 h a 21.30 h; os venres, sábados, domingos, festivos e véspera de festivo de 12.00 h a 14.00 h e de 17.00 h a 21.30 h. Mentres o sábado 24 e o sábado 31 de decembro abrirá so en horario matinal, e permanecerá pechado os domingo 25 de decembro e 1 de xaneiro.