Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O ALCALDE RECIBE A LILIANA BENVENISTE, EMBAIXADORA DA RED DE JUDERIAS – CAMINOS DE SEFARAD EN ARXENTINA

18/05/2022

Visita a nosa cidade para coñecer o patrimonio xudeu de Tui

O Alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recibiu esta mañá na Casa do Concello de Tui, a Liliana Benveniste, embaixadora da Red de Juderias de España – Caminos de Sefarad, que neste días visita a nosa cidade para achegarse ao coñecemento do rico patrimonio xudeu que atesoura Tui e outras localidades de Galicia.

Liliana Benveniste é compositora e interprete de música sefardí, así como está dedicada dende hai anos á investigación e difusión da cultura sefardí, á difusión da lingua, cultura e costumes ligadas a este rico patrimonio cultural. En recoñecemento a este labor foi nomeada Embaixadora da Red de Juderias – Camino de Sefarad en Arxentina coa misión de trasladar a actividade da Red e xerar sinerxías e colaboracións para tender pontes co sefardismo actual. Liliana Benveniste á tamén a creadora do Centro Cultural Sefardí en BuenosAires, forma parte do grupo de expertos de recuperación do xudeuespañol creado por Israel. Finalmente é a editora, xunto con Marcelo Benveniste, de eSefarad – Noticias del Mundo Sefaradí (www.eSefarad.com.ar) que se compoñe dun sitio web www.eSefarad.com, unha canale de TV “eSefaradTV” para transmisión de eventos en vivo, unha Radio por Internet “Radio Djohá“ e o “Boletín Semanal eSefarad” con distribución de alcance mundial e mais de 13.000 subscritores.

Enrique Cabaleiro agradeceulle a Liliana Benveniste a súa visita á cidade de Tui e o interese mostrado polo patrimonio xudeu que conserva a nosa cidade. Pola súa banda, a música e investigadora sefardí expresou a súa admiración polas pegadas xudías que conserva a cidade de Tui, especialmente a súa colección de “sambenitos” así como polo traballo que na nosa localidade se ven realizando para a promoción deste legado e que agora tamén se divulgará dende as canles que promove tanto en Arxentina como a través dos novos medios de comunicación.