Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá xoves, 26 de maio, a corporación municipal celebra pleno ordinario

25/05/2022

A corporación municipal de Tui celebra mañá xoves, 26 de maio, ás 20 h, pleno de carácter ordinario, a sesión nº4/2022, con 28 puntos na orde do día. 

Convocatoria sesión plenaria 4/2022 do xoves, 26 de maio de 2022 

A) Parte resolutiva:

1º.- Aprobación, se procede, dos borradores das actas das sesións anteriores núm. 2/2022 do 31/03/2022 e núm. 3/2022 do 19/04/2022.

2º.- Toma de posesión de Alejandro Manuel Carrera Barreira á vista da credencial remitida pola Xunta Electoral Central (2021-E-RC-6155 do 23/08/2021).

3º.- Expediente 2659/2021.Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 19/05/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 19/04/2022, de concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras de "conservación de cuberta en edificio catalogado consistentes en cambio de tella" no inmoble sito na rúa Sanz, 5.

4º.- Expediente 672/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 19/05/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 02/05/2022, de concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras de "mantemento e conservación para o arranxo de palcos de música e corta de árbores" sitas no ámbito de influencia do elemento catalogado núm. 21 (Capela do Anxo ou de San Rafael).

5º.- Expediente 745/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 19/05/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 28/04/2022, de concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras de "conservación e mantemento en edificio catalogado consistentes en cambio de carpintería exterior, illamento e limpeza de cuberta e instalación de caldeira de calefacción" sito na Praza da Armada, 6.

6º.- Expediente 771/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 19/05/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 19/04/2022, de concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras de "mellora de accesibilidade, rehabilitación de cubertas do claustro e rehabilitación de edificio para os usos museísticos interiores e exteriores" sito na Praza San Fernando, s/n.

7º.- Expediente 844/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 19/05/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 03/05/2022, de concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras de "conservación e mantemento de interior e carpinterías" no inmoble sito na rúa Cuenca, 35.

8º.- Expediente 861/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 19/05/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 02/05/2022, de concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras de "substitución de carpintería exterior de local" no inmoble sito na rúa Seixas, 3.

9º.- Expediente 936/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 19/05/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 19/05/2022, de concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras de "instalación de silla salvaescaleiras recta" no inmoble sito na rúa Sanz, 2.

10º.- Expediente 937/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 19/05/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 19/05/2022, de concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras de "conservación e mantemento en edificio catalogado" no inmoble sito na rúa Seixas, 6.

11º.- Expediente 950/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 19/05/2022, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 19/05/2022, de concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras de "conservación e mantemento de cuberta de tella" no inmoble sito na rúa Cuenca, 71.

12º.- Expediente 1076/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 19/05/2022, favorable á proposta de Alcaldía, de data 19/05/2022, de aprobación inicial da modificación da Ordenanza reguladora do funcionamento do servizo do Conservatorio Elemental e Profesional e a Escola de Música municipal de Tui

13º.- Expediente 1083/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 19/05/2022, favorable á proposta de Alcaldía, de data 19/05/2022, de aprobación da modificación da Ordenanza reguladora da taxa por ensinanzas musicais nos establecementos docentes do Concello de Tui.

14º.- Expediente 560/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 24/03/2022, favorable á proposta de Alcaldía, de data 21/03/2022, de aprobación inicial de rectificación puntual do Inventario de Vías e Camiños para a rectificación do activo PE- 01042.

15º.- Expediente 2043/2020. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 19/05/2022, favorable á proposta de Alcaldía, de data 28/03/2022, relativa a solicitudes de rectificación puntual do Inventario de Vías e Camiños.

16º.- Expediente 1049/2022. Proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 19/05/2022, de aprobación do expediente de Modificación de Créditos 18/2022 - Suplemento de Crédito nº 3/2022.

17º.- Expediente 1017/2022. Proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 19/05/2022, de aprobación do expediente de Modificación de Créditos 19/2022 - Crédito Extraordinario nº 2/2022.

18º.- Expediente 947/2022. Proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 19/05/2022, de aprobación do expediente de Recoñecemento Extraxudicial de Créditos nº 3/2022.

19º.- Mocións de urxencia.

B) Actividade de control:

20º.- Expediente 938/2022. Dación de conta de información de execución trimestral do Orzamento Xeral 2021 - 4º trimestre. Comunicación información LO 2/2012.

21º.- Expediente 895/2022. Dación de conta de información de execución trimestral do Orzamento Xeral 2022 - 1º trimestre. Comunicación información LO 2/2012.

22º.- Expediente 219/2022. Dación de conta de información sobre morosidade e PMP - 4º Trimestre 2021.

23º.- Expediente 893/2022. Dación de conta de información sobre morosidade e PMP - 1º Trimestre 2022.

24º.- Expediente 681/2022. Dación de conta do Informe Resume dos resultados de control interno no Concello de Tui - RICEL 2021.

25º.- Expediente 218/2020. Dación de conta da Resolución de non concesión da autorización previa á desafectación da vivenda de mestres da escola de Baldráns, recibida da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (rexistro núm. 2022-E-RC-2126 de 25.03.2022).

26º.- Dación de conta das subvencións e disposicións de interese dos meses de abril e maio de 2022.

27º.- Dación de conta das resolucións de Alcaldía do núm. 530, de 28/03/2022 ata o núm. 784, de 20/05/2022.

C) Rogos e preguntas:

28º.- Rogos e preguntas.