Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase o MUMI 2024

8/07/2024

Mañá martes, 9 de xullo, ás 11:30 h ES  presentarase un avance da programación do V ENCONTRO PROFESIONAL DE MÚSICA GALICIA-PORTUGAL, MUMI 2024. O acto terá lugar na Pousada da Fortaleza de Valença. 

Na presentación participarán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a vicepresidenta da Cámara de Valença, Ana Paula Xaver, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, o deputado de Cooperación Transfronteiriza e Relacións Institucionais da Deputación de Pontevedra, Roberto Carrero, a concelleira de Cultura de Tui, Sonsoles Vicentes, e coma  representantes do MUMI na Galiza e Portugal Ánxela Vila e José Costa.  

O MUMI vaise celebrar na Eurocidade Tui-Valença do 12 ao 15 de setembro.