Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A corporación municipal celebra este xoves pleno ordinario con trece puntos na orde do día

23/09/2025

Trece son os puntos que figuran na orde do día do pleno ordinario que este xoves, 25 de setembro, ás 20 h, vai celebrar a corporación municipal de Tui.

A) PARTE RESOLUTIVA 

1. Aprobación da acta da sesión ordinaria celebrada o 31 de xullo de 2025. 

2. Expediente 2708/2022. Ditame de aprobación definitiva da rectificación do Inventario de vías e camiños municipais (solicitudes 2022-2024). 

3. Expediente 2652/2023. Ditame para aprobación inicial de modificación do PXOM de Tui para adaptar os usos regulados ao Regulamento da Lei do solo de Galicia. 

4. Expediente 4041/2024. Ditame para aprobación de Convenio coa CHMS sobre o financiamento, execución e entrega das obras de construción dunha ponte sobre o arroio Cotarel. 

5. Expediente 4981/2025. Ditame para aprobación modificación de Créditos 32/2025 Crédito extraordinario 5. Dotar crédito para poder levar a cabo a actuación de Renovación das instalacións do alumeado público municipal. 

6. Expediente 1983/2025. Ditame para aprobación inicial da modificación da Relación de Postos de Traballo. 

7. Expediente 3640/2024. Ditame para CONCEDER a ABEL ORDÓÑEZ ABAL a bonificación do 50% do ICIO correspondente ás obras de “PROYECTO BÁSICO PARA EL VACIADO INTERIOR DE UNA EDIFICACIÓN Y EL CAMBIO DE SU CUBIERTA” do inmoble sito na RÚA MONXAS Nº14. 

8. Expediente 1751/2025. Ditame para conceder a HOSTELERÍA Y ESPECTÁCULOS LUCENSES bonificación do 50% do ICIO correspondente as obras de “CONSERVACIÓN E MANTEMENTO DE PARCELA E MUROS” do inmoble sito na RÚA AS MONXAS 3 

9. Expediente 3077/2025. Ditame para conceder a Carmen Cerviño López, bonificación do 50% do ICIO correspondente ás obras de “REPARACIÓN DE VENTANAS E INSTALACIÓN DE CLIMATIZACIÓN” do inmoble sito na RÚA PORTA DA PÍA Nº3-1 

10.Expediente 2359/2025. Ditame para conceder a Soledad González Castiñeira, bonificación do 50% do ICIO correspondente ás obras de “CONSERVACIÓN E MANTEMENTO DE CAMBIO DE CARPINTERÍAS” do inmoble sito en RÚA PÁRROCO RODRÍGUEZ VÁZQUEZ Nº7 

11.Expediente 1121/2025. Ditame para conceder a Ricardo Abundancia, BONIFICACIÓN 50% ICIO correspondente ás obras de “CONSERVACIÓN E MANTEMENTO DE GALERIA”, sita na RÚA TIDE Nº1. 

B) ACTIVIDADE DE CONTROL 

12.Dación de conta das resolucións ditadas por alcaldía e concelleiras/os delegados/as desde a núm. 2025-1072-de 28.07.2025 ata a núm. 2025-1378 do 22.09.2025. 

13.Expediente 5010/2025. Dación de conta da aprobación das liñas fundamentais do Orzamento Xeral deste Concello para o exercicio do 2026. 

C) ROGOS E PREGUNTAS 

Convocatoria sesión plenaria ordinaria 7/2025 do xoves, 25 de setembro de 2025