Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Redrum Teatro presenta este venres no Teatro Municipal  “Os Contos do Lobicán”

1/10/2025

O texto de Eva Mejudo foi galardoado nos premios Barriga Verde e María Casares

“Os contos do Lobicán” é o espectáculo de monicreques musical para público familiar que este venres, ás 19 h, presenta no Teatro Municipal de Tui Redrum Teatro. A obra vai dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos e ten unha duración de 40 minutos.

O texto de Eva Mejuto foi gañador do XV Premio Barriga Verde 2022 e gañador do Premio ao Mellor Espectáculo de monicreques nos XXIX Premios de Teatro María Casares.

“Os contos de Lobicán” está dirixido por Alex Sampayo e o elenco está formado por Guillermo Carbajo e Victoria Pérez.

Lobicán é un animaliño curioso que goza explorando o bosque e compartindo momentos coa súa familia. Nai Lobicana pídelle levar unha torta ao avó, e mentres Lobicán está no bosque, atópase con Xiana, unha nena que busca o camiño cara á casa da súa tía Silvana. Sen importar as súas diferenzas,

Lobicán e Xiana establecerán unha forte amizade que os axudará a superar perigos e desafíos.

O espectáculo está inspirado no mundo de Wes Anderson. A función convida a nenos e nenas a reflexionar sobre o mundo que os rodea e imaxinar novas posibilidades dun futuro máis inclusivo.

As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 4€ e 3€ até dez minutos antes do inicio da función.

Entradas