Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Galitoon presenta o espectáculo de contos e monicreques “Os descontacontos” en Tui

24/05/2025

Será o martes 27 ás 17.30 h na Biblioteca Municipal dentro da programación de Tui en Letras 

O próximo martes, 27 de maio, ás 17.30 horas a Biblioteca Pública Municipal de Tui acolle unha nova actividade de animación á lectura. Será un espectáculo de narración e monicreques “Os descontacontos” a cargo de Galitoon. Vai dirixido á rapazada a partir de 3 anos ata os 9 anos de idade.

Este actividade forma parte da programación de “Tui en letras” que ao longo dos meses de maio e xuño oferta cerca de vinte actividades para todos os públicos.

“Os descontacontos” é un espectáculo de narración e monicreques creado para homenaxear a todos os avós e avoas que contaban os contos..  D.Carmelo, é un avó que comeza a contar os contos polo final ou non se lembra deles e cada vez que intenta contar un, esquécese do argumento e inventa e argalla personaxes estrañas e cousas inverosímiles.., Rús, o seu inseparable canciño,  coa inestimable axuda do público, conseguirá rematar o conto como é debido.

A concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente Solla, convida ás familias a achegarse á Biblioteca municipal para participar desta nova sesión de contacontos que convida aos nenos e nenas a achegarse ao mundo da lectura e das nosa letras, neste caso na narración oral -que centra o Día das Letras Galegas deste ano 2025- e a súa transmisión no ámbito familiar.