Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Recepción oficial do Concello de Tui ao Tyde FC polo seu ascenso a Preferente

21/05/2025

Realizarase este venres, 23 de maio, ás 20.00 h, no salón de plenos da casa do concello

 

Este venres, 23 de maio, ás 20 h, no salón de plenos da casa do Concello de Tui, terá lugar a recepción oficial ao equipo sénior masculino do Tyde F.C. que acadou a semana pasada o ascenso á categoría Preferente Galicia.

Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, outros membros da corporación municipal, así como o presidente do Tyde F.C., David Domínguez e os xogadores e equipo técnico do equipo sénior masculino.