Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Esgotadas as 150 prazas dos obradoiros de Nadal da Biblioteca Municipal de Tui

13/12/2024

O Grinch será o protagonista desta actividade que leva por título “Un Nadal diferente de cor verde”

Gran éxito de acollida dos obradoiros de Nadal da Biblioteca Municipal de Tui que nun so día cubriron as 150 prazas ofertadas.

Celebraranse o luns 23, xoves, 26, e venres 27 de decembro, e o xoves 2 e venres 3 de xaneiro en horario matinal baixo o título xenérico “Un Nadal diferentes de cor verde” facilitando a conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións de Nadal ao tempo que favorece a creatividade dos máis pequenos da casa. 

Os nenos e nenas inscritos, con idades entre os 5 e os 12 anos, coñecerán  a figura do Grinch a través dos Obradoiro previstos coas súas travesuras, contos e lendas, realizarán un scape room, xogarán con este verde personaxe e vivirán a maxia do Nadal.

A concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente Solla, destaca a “excelente acollida desta oferta de actividades que promove a Biblioteca Municipal para os máis pequenos”, incidindo en que “este non é só un espazo de información, lectura e préstamo de libros, senón que por medio deste tipo de ofertas ábrese a todos os sectores da cidadanía consolidándose como centro cultural”.