Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui acollerá en xullo dous talleres especializados en IA dirixidos ao pequeno comercio

28/06/2024

Serán o luns 8 e o mércores 10 grazas á colaboración entre a Oficina Acelara Peme de AEMOS e o Concello de Tui

Tui acollerá en xuño dous talleres especializados en Intelixencia Artificial dirixidos especificamente ao pequeno comercio. Son froito da colaboración entre a Oficina Acelera Peme Rural de AEMOS e Concello de Tui. Celebraranse o luns 8 e o mércores 10 de 15 a 17 h na Aula Cemit, no edificio Francisco Sánchez.

Os talleres proporcionarán aos comerciantes unha comprensión sólida dos conceptos básicos da intelixencia artificial e a súa aplicación práctica no ámbito do pequeno comercio. Abordaranse ferramentas e técnicas que poden implementarse de inmediato para mellorar a eficiencia operativa e atraer a unha maior clientela.

As prazas para estes talleres son limitadas. Os interesados deben inscribirse a través da páxina web acelerapyme.aemos.es para asegurar a súa participación nestes eventos.

Neste mes de xuño xa se realizou en Tui un taller de IA aplicado a empresas, que foi todo un éxito. Ante a alta demanda, organizouse esta nova edición dirixida especificamente aos pequenos comerciantes, que poderán atopar na IA un aliado valioso para a xestión e o crecemento dos seus negocios.

Estes talleres son posibles grazas ao apoio do Concello de Tui e ACITUI, que se atopan inmersos nunha campaña de dinamización e promoción do mercado de abastos e o comercio local, que se uniron a AEMOS para proporcionar aos pequenos comerciantes locais as ferramentas e o coñecemento necesarios para afrontar os desafíos da dixitalización.

Estes talleres representan unha excelente oportunidade para que os pequenos comercios de Tui adquiran coñecementos avanzados en intelixencia artificial e potencien a súa competitividade nun mercado cada vez máis dixitalizado.

A concelleira de Comercio e Mercado do Concello de Tui, Ana Núñez, salienta que "estes talleres son unha oportunidade inequívoca para ofrecer aos pequenos comercios de Tui a oportunidade de adquirir coñecementos avanzados en intelixencia artificial e potenciar a súa competitividade nun mercado cada vez máis dixitalizado”. Engade que “o comercio local está a darse conta de que é urxente innovar e adaptarse aos novos tempos” polo esta actividade está a resultar un éxito de participación. Agradece a concelleira “o ofrecemento á colaboración de AEMOS e a implicación de ACITUI” para poder levar a cabo estes talleres especializados.

As Oficinas Acelera Peme Rurais postas en marcha en toda España por Red.es, entidade pública adscrita ao Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, contan cun importe de axuda concedida de 21.085.205,77€, sendo o importe da axuda máxima o 80% do orzamento subvencionable. O beneficiario cofinanciará a porcentaxe restante. As actuacións están financiadas polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través dos fondos Next Generation EU, no marco da axenda España Dixital 2026 e o Plan de Dixitalización de Pemes 2021-2025, cuxa cuarta medida do eixo de actuación, Dixitalización básica para as Pemes.

INSCRICIÓN

Taller Luns 8 

Taller Mércores 10