A Oficina de Turismo de Tui atendeu 40 mil visitantes en 2022
A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui atendeu, durante 2022, presencialmente a 39.998 visitantes, dos que 26.913 eran turistas e 10.3685 peregrinos. Destacou o mes de agosto como o de maior afluencia de todo o ano con 8.885 visitantes atendidos.
A Oficina Municipal de Turismo está instalada dende o pasado mes de febreiro no céntrico Paseo da Corredoira nunha amplas instalacións que melloran substancialmente as anteriores, localizadas na Praza de San Fernando.