A Eurocidade Tui-Valença celebra o seu décimo aniversario
A Eurocidade Tui-Valença celebra o seu décimo aniversario, este xoves, 10 de febreiro, cun conxunto de actos que se prolongan até este sábado día 12.
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
A Eurocidade Tui-Valença celebra o seu décimo aniversario, este xoves, 10 de febreiro, cun conxunto de actos que se prolongan até este sábado día 12.
O Goberno de Portugal publicou no día de onte o decreto que certifica, ou oficializa o Camiño Portugués da Costa, unha ruta xacobea que remata na cidade irmá de Valença, recoñecendo a importancia “histórica e cultural” deste Camiño de Santiago, nunha decisión asinada conxuntamente polas secretarias de Estado do Turismo, Rita Marques, e Adxunta e do Patrimonio Cultural, Ângela Ferreira.
O Concello de Tui inaugurou este mediodía a nova Oficina de Turismo executada ao abeiro do proxecto “Río Miño, un destino navegable” financiado con fondos europeos. Un novo equipamento que marca un antes e un despois na atención os visitantes e peregrinos na cidade.
O Concello de Tui recibiu hai uns días un bonsai de Oliveira coa lenda “Lembra as túas raíces” agasallo da Red de Juderías – Camiño de Sefarad, da que Tui forma parte dende 2019, xunto a outras vinte cidades españolas.
Tras 38 anos de servizo na Policía Local hai uns días xubilábase o axente Esteban Álvarez González. Na casa do concello o alcalde, Enrique Cabaleiro González , e o concelleiro de Seguridade José Ramón Magán, facíanlle entrega duns agasallos en agradecemento aos anos de servizo público.
O próximo venres, 11 de febreiro, A Panadaría estreará en Tui “As que limpan”.
O próximo luns, 31 de xaneiro, ás 11 h na Sala Xacobeo do edificio Francisco Sánchez – Área Panorámica terá lugar a presentación de “As que limpan” de A Panadaría. Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, xunto ás autoras, directoras e actrices desta obra Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman.
O sector turístico é un eixo estratéxico para Tui e, en especial, unha oportunidade para fortalecer o desenvolvemento sostible da zona, servindo de motor para a súa economía urbana. Dende o propio Concello, Salvaterra, Monçao, Valença, Turismo de Galicia, Turismo Norte de Portugal e Patrimonio Natural levan anos traballando para poder actualizar e acadar unha oferta de calidade que contemple absolutamente todo o que a localidade e a súa contorna ten para atraer aos visitantes.
O Concello de Tui, en colaboración coa Cámara Municipal de Valença, lidera os traballos para o deseño da "Estratexia e Plan de acción 2030" para a Eurocidade Tui-Valença. A iniciativa englóbase no marco do proxecto europeo UNICIDADE que busca afianzar os procesos de cooperación entre axentes das administracións públicas de ambos os municipios. Este proxecto foi aprobado con cargo ao programa de cooperación Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 e é cofinanciado nun 75% por fondos europeos.
O Teatro Municipal de Tui abre a programación de 2022 con seis espectáculos a celebrar entre o 4 de febreiro e o 18 de marzo. Teatro e música son os dous eixos desta proposta cultural da que a metade dos eventos van dirixidos a público infantil e a outra metade a público adulto. O teatro tudense terá o 85% do aforo e contará cun protocolo covid nunha aposta pola cultura segura. As entradas para todos os espectáculos poranse á venda o próximo martes, 1 de febreiro, ás 21h a través de www.tui.gal.