A Axenda Urbana de Tui realiza unha consulta telefónica coa veciñanza
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, informa que, como parte do proceso participativo da redacción da Axenda Urbana, esta semana estase a realizar unha enquisa telefónica estatisticamente representativa por cotas de idade, sexo e lugar de residencia (parroquias e centro urbano); unha enquisa que preservará a identidade das persoas e non pedirá nomes, nin apelidos, nin enderezo, correo electrónico, DNI ou outros datos persoais.