Rematan as actividades infantís e o cinema e prosegue a X Semana Teatro Amador no venres das Festas de San Telmo
Dentro da programación das festas de San Telmo mañá venres rematan as actividades para os máis pequenos que se veñen celebrando dende o luns. Os monitores de Chirlomirlo compartirán a mañá, de 11 a 13h, na Área Panorámica cos nenos que desexen participar en “A gran xincana”. Os cativos terán que descrifrar as claves que lles permitirán realizar un percorrido determinado polo circuíto de probas.







