Este venres preséntase o catálogo de Relicario de Carlos Fer
Este venres, 9 de outubro, ás 18 h na Catedral de Santa María será presentado o catálogo de “Relicario” do tudense Carlos Fer. Esta intervención artística está deseñada especificamente para este lugar coincidindo coa celebración dos oitocentos anos da consagración do templo catedralicio.




