Perfil do Contratante
OBRA "SANEAMENTO EN FENTEIRA-GUILLAREI", Incluída no Fondo Estatal para o Emprego e Sositibilidade Local.
Data de fin de prazo:2010-04-26 00:00:00 Convocatoria: Adxudicacion definitiva
Expediente: 02/10-FEES
ANUNCIO
ADXUDICACIÓN DEFINITIVA XUNTA DE GOBERNO LOCAL: 22/04/2010 Procedemento: Negociado sen publicidade. Aprobado na Xunta de Goberno Local de data 31 de marzo de 2010 adxudicación provisional da referida obra á empresa "ALTRASAN, S.L.." e unha vez que o adxudicatario proposto presentou a documentación requirida, a Xunta de Goberno Local, por unanimidade, adoptoun o seguinte acordo: 1º.- Adxudicar definitivamente á empresa "ALTRASAN, S.L.." , CIF B36303956, con enderezo en Guillarei-Gándara, nº 5 (36720) Tui, a contratación da obra "SANEAMENTO EN FENTEIRA-GUILLAREI", por un importe total de 160.455,76€ (Orzamento base: 138.323,93€. Cantidade correspondente ó IVE: 22.131,83€), por ser a oferta que acadou maior puntuación das presentadas, de conformidade cos criterios de adxudicación establecidos no prego de condicións aprobado. De conformidade coa proposta económica presentada pola empresa adxudicataria, o número total de traballadores que se compromete a vincular á execución da obra licitada será de 3 traballadores: - 1 traballador da empresa. - 2 traballadores de nova contratación. 2º.- Aproba-lo proxecto de execución de melloras complementarias presentado, por importe total de 1.054,78€. 3º.- A formalización do contrato realizarase no prazo de cinco días hábiles a contar dende o día seguinte ó da notificación deste acordo. 4º.- De conformidade coa cláusula 25 do prego de condicións, no prazo de quince días naturais dende a notificación da adxudicación definitiva o contratista presentará o Plan de Seguridade e Saúde no traballo, para a súa aprobación. 5º.- No prazo de quince días naturais, como máximo, contados a partir da data de formalización do contrato, deberá realizarse o replanteo e estenderese a acta relativa ó mesmo. O adxudicatario deberá presentar un programa de traballos apra que sexa aprobado polo órgano de contratación. 6º.- De conformidade co estipulado no Real Decreto Lei 13/2009, de 26 de outubro, que o novo persoal que o contratista necesite empregar para a execución das obras se atope en situación de desemprego conforme ó previsto no artigo 208 da Lei Xeral da Seguridade Social e se indica na cláusula 15.1 do prego. Só se computarán os contratos realizados ou por realizar con traballadores desempregados inscritos nos Servizos Públicos de Emprego correspondentes, como demandantes de emprego non ocupados e os realizados ou por realizar con traballadores autónomos que cesasen na súa actividade e que estén inscritos nos Servizos Públicos de Emprego correspondentes, como demandantes de emprego non ocupados. Así mesmo, de conformidade co art. 17.2, o novo persoal que o contratista necesite empregar para a execución das obras se atopará en situación de desemprego, prioritariamente en situación de desemprego de larga duración e que sexa requirido a través dos Servizos Públicos de Emprego. De conformidade coa disposición adicional primeira do referido real decreto lei, apartado 2, ós efectos do previsto nomesmo, se entende por persoas desempregadas de larga duración as que estiveran inscritas nos Servizos Públicos de Emprego correspondentes como demandantes de emprego como mínimo 12 meses antes da data de contratación. Coa sinatura da acta de comprobación de replanteo de obra o contratista deberá presentar a documentación acreditativa dos traballadores de nova contratación nos termos indicados no parágrafo anterior, así como : : - Copia dos contratos dos traballadores do persoal de nova creación selados pola oficina correspondente do INEM. - Copia compulsada das altas dos traballadores adscritos á obra na Seguridade Social. De conformidade co estipulado no art. 137 da LCSP se deberá notificar ós candidatos ou licitadores o referido acordo así como publicarase no Perfil do Contratante tal e como se indica no art. 138 da LCSP. Tui, 22 de abril de 2010. O ALCALDE Asdo. Antonio F. Fernández Rocha.
OBRA "SANEAMENTO EN COTAREL-RIBADELOURO", Incluída no Fondo Estatal para o Emprego e Sostibilidade Local.
Data de fin de prazo:2010-04-26 00:00:00 Convocatoria: Adxudicacion definitiva
Expediente: 01/10-FEES
ANUNCIO
ADXUDICACIÓN DEFINITIVA : Xunta de Goberno Local 22/04/2010. Procedemento: Negociado sen publicidade. Aprobado na Xunta de Goberno Local de data 31 de marzo de 2010 adxudicación provisional da referida obra á empresa "EXCAVACIONES Y CONSTRUCCIONES MANUEL PEREZ PORTELA, S.L." e unha vez que o adxudicatario proposto presentou a documentación requirida, a Xunta de Goberno Local , por unanimidade, adoptou o seguinte acordo: 1º.- Adxudicar definitivamente á empresa EXCAVACIONES Y CONSTRUCCIONES MANUEL PEREZ PORTELA, S.L., CIF B36239861, con enderezo en O Rosal, Pancenteno nº 39 (36770), a contratación da obra "SANEAMENTO EN COTAREL-RIBADELOURO", por un importe total de 179.039,26€ (Orzamento base: 154.344,19€. Cantidade correspondente ó IVE: 24.695,07€), por ser a oferta que acadou maior puntuación das presentadas, de conformidade cos criterios de adxudicación establecidos no prego de condicións aprobado. De conformidade coa proposta económica presentada pola empresa adxudicataria, o número total de traballadores que se compromete a vincular á execución da obra licitada será de 3 traballadores: - 2 traballadores da empresa - 1 traballador de nova contratación. 2º.- Aproba-lo proxecto de execución de melloras complementarias presentado, por importe total de 3.731,85€. 3º.- A formalización do contrato realizarase no prazo de cinco días hábiles a contar dende o día seguinte ó da notificación deste acordo. 4º.- De conformidade coa cláusula 25 do prego de condicións, no prazo de quince días naturais dende a notificación da adxudicación definitiva o contratista presentará o Plan de Seguridade e Saúde no traballo, para a súa aprobación. 5º.- No prazo de quince días naturais, como máximo, contados a partir da data de formalización do contrato, deberá realizarse o replanteo e estenderese a acta relativa ó mesmo. O adxudicatario deberá presentar un programa de traballos apra que sexa aprobado polo órgano de contratación. 6º.- De conformidade co estipulado no Real Decreto Lei 13/2009, de 26 de outubro, que o novo persoal que o contratista necesite empregar para a execución das obras se atope en situación de desemprego conforme ó previsto no artigo 208 da Lei Xeral da Seguridade Social e se indica na cláusula 15.1 do prego. Só se computarán os contratos realizados ou por realizar con traballadores desempregados inscritos nos Servizos Públicos de Emprego correspondentes, como demandantes de emprego non ocupados e os realizados ou por realizar con traballadores autónomos que cesasen na súa actividade e que estén inscritos nos Servizos Públicos de Emprego correspondentes, como demandantes de emprego non ocupados. Así mesmo, de conformidade co art. 17.2, o novo persoal que o contratista necesite empregar para a execución das obras se atopará en situación de desemprego, prioritariamente en situación de desemprego de larga duración e que sexa requirido a través dos Servizos Públicos de Emprego. De conformidade coa disposición adicional primeira do referido real decreto lei, apartado 2, ós efectos do previsto no mesmo, se entende por persoas desempregadas de larga duración as que estiveran inscritas nos Servizos Públicos de Emprego correspondentes como demandantes de emprego como mínimo 12 meses antes da data de contratación. Coa sinatura da acta de comprobación de replanteo de obra o contratista deberá presentar a documentación acreditativa dos traballadores de nova contratación nos termos indicados no parágrafo anterior, así como : - Copia dos contratos dos traballadores do persoal de nova creación selados pola oficina correspondente do INEM. - Copia compulsada das altas dos traballadores adscritos á obra na Seguridade Social. De conformidade co estipulado no art. 137 da LCSP se deberá notificar ós candidatos ou licitadores o referido acordo así como publicarase no Perfil do Contratante tal e como se indica no art. 138 da LCSP. Tui, 22 de abril de 2010 O ALCALDE Asdo. Antonio F. Fernández Rocha.
CONTRATACIÓN SUBMINISTRO DE GASOLEO A PARA ABASTECER OS VEHÍCULOS E MÁQUINAS DO PARQUE DE MAQUINARIA DURANTE O ANO 2010.-
Data de fin de prazo:2010-04-06 00:00:00 Convocatoria: Adxudicacion definitiva
Expediente: 02/2010
ANUNCIO
ACORDO ADXUDICACIÓN DEFINITIVA XUNTA DE GOBERNO LOCAL 31/03/2010- Acordado na Xunta de Goberno Local de data 25/02/2010 adxudicación provisional do referido subministro e unha vez que o adxudicatario proposto presentou a documentación requirida para elevar a definitiva, a Xunta de Goberno Local, por unanimidade, adoptou o seguinte acordo: Adxudicar definitivamente á empresa GASOLEOS AMIGO, S.L., CIF B-36736049 con enderezo en Vigo, rúa Fragosiño, nº 10, cp 36214 Vigo, o subministro de "GASOLEO A" para abastecer os vehículos e máquinas do parque de maquinaria do concello durante o ano 2010, a un prezo de 0,92 €/litro, ata un máximo de 52.560€, comprometéndose a realizar a mesma baixa comparativa no prezo €/l, entre o prezo €/l de licitación (1,00€/l) e o prezo de adxudicación (0,92€/l) durante a vixencia do contrato. A formalización do contrato realizarase no prazo de dez días hábiles a contar dende o día seguinte ó da notificación deste acordo. De conformidade co estipulado no art. 137 da LCSP se deberá notificar ós candidatos ou licitadores o referido acordo así como publicarase no Perfil do Contratante tal e como se indica no art. 138 da LCSP . Tui, 31 de marzo de 2010 O ALCALDE Asdo. Antonio F, Fernández Rocha
CONTRATACIÓN DOS TRABALLOS DE ACTUALIZACIÓN DO INVENTARIO XERAL E PATRIMONIO DO CONCELLO DE TUI.
Data de fin de prazo:2010-03-22 00:00:00 Convocatoria: Adxudicacion definitiva
Expediente: 01/2010
ANUNCIO
ACORDO ADXUDICACIÓN DEFINITIVAL XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE 18 DE MARZO 2010.- Acordado na Xunta de Goberno Local de data 18/02/2010 adxudicación provisional do referido servizo e unha vez que o adxudicatario proposto presentou a documentación requirida para elevar a definitiva, a Xunta de Goberno Local, por unanimidade, adoptou o seguinte acordo: Adxudicar definitivamente á empresa CALIXTO ESCARIZ, S.L.U, CIF B-36980753 con enderezo en Vigo, rúa Urzáiz, nº 28-1, cp 36201 Vigo, a contratación dos traballos de "ACTUALIZACIÓN DO INVENTARIO XERAL E PATRIMONIO DO CONCELLO DE TUI" por importe total de 36.586,40€ (Orzamento base: 31.540,00€. IVE: 5.046,40€), ó se-la proposta máis vantaxosa para o concello das presentadas. A formalización do contrato realizarase no prazo de dez días hábiles a contar dende o día seguinte ó da notificación deste acordo. De conformidade co estipulado no art. 137 da LCSP se deberá notificar ós candidatos ou licitadores o referido acordo así como publicarase no Perfil do Contratante tal e como se indica no art. 138 da LCSP . Tui, 22 de marzo de 2010 O ALCALDE Asdo. Antonio F. Fernández Rocha.
ADXUDICACION DEFINITIVA XESTIÓN DE SERVIZO PUBLICO DE RECOLLIDA SELECTIVA DE ENVASES LIXEIROS.-
Data de fin de prazo:2010-03-22 00:00:00 Convocatoria: Adxudicacion definitiva
Expediente: 01-XSP2010
ANUNCIO
ACORDO XUNTA DE GOBERNO LOCAL: 5 DE MARZO DE 2010 PROCEDEMENTO LICITACIÓN: Negociado sen publicidade. Procedida pola Alcadlía á apertura da única proposta presentada pola empresa ISOLUX CORSAN SERVICIOS, S.A., a Xunta de Goberno Local, por unanimidade, adoptou o seguinte acordo: Adxudicar definitivamente á unica empresa presentada ISOLUX CORSAN SERVICIOS, S.A., CIF A80961618, con enderezo en Madrid, rúa Caballero Andante, nº 8, cp 28021, o servizo de RECOLLIDA SELECTIVA DE ENVASES LIXEIROS NO CONCELLO DE TUI, de conformidade coa proposta presentada e prego de condicións aprobado. A formalización do contrato realizarase no prazo de dez días hábiles a contar dende o día seguinte ó da notificación deste acordo. De conformidade co estipulado no artl. 137 da LCSP se deberá notificar ós candidatos ou licitadores o referido acordo así como publicarase no Perfil do Contratante tal e como se indica no art. 138 da LCSP. Tui, 22 de marzo de 2010. O ALCALDE Asdo. Antonio F. Fernández Rocha.
SUBMINISTRO DE "ADQUISICIÓN DE VEHÍCULOS PARA SERVIZOS MUNICIPAIS"
Data de fin de prazo:2010-02-08 00:00:00 Convocatoria: Adxudicacion definitiva
Expediente: 2010-SUB
ANUNCIO
ACORDO DE ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE: 4 DE FEBREIRO DE 2010.- PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN : Negociado sen publicidade en razón da súa contía (arts. 157, 161.2 e 162 da LCSP). EMPRESA ADXUDICATARIA: "RAMIAUTO PONTENOVA, S.L.", CIF: B94013810, con enderezo en Guillarei-Pontenova, s/nº, cp 36720 TUI. IMPORTE ADXUDICACIÓN: -FIORINO 1.3 16V MULTIJET 75 CV COMBI BASE (servizo de obras): Orzamento base: 11.637,54€ (incluído gastos de matriculación, documentación e impostos que correspondan para a posta en circulación). IVE16%: 1.862,01€. Importe total: 13.499,55€. -FIORINO 1.3 16V MULTIJET 75 CV COMBI BASE (servizo de augas): Orzamento base: 11.637,54€ (incluído gastos de matriculación, documentación e impostos que correspondan para a posta en circulación). IVE16%: 1.862,01€. Importe total: 13.499,55€. -FIAT DUCATO SEMIACRISTALADA MEDIO TEITO ALTO 2.2 MULTIJET 100 CV (servizo de obras): Orzamento base: 18.091,73€ (incluído gastos de matriculación, documentación e impostos que correspondan para a posta en circulación). IVE16%: 2.894,68€. Importe total: 20.986,41€. -FIAT DUCATO FURGÓN MEDIO TEITO ALTO 2.2 MULTIJET 100 CV (servizo de limpeza): Orzamento base: 18.054,71 (incluído gastos de matriculación, documentación e impostos que correspondan para a posta en circulación). IVE16%: 2.888,76€. Importe total: 20.943,47€. A formalización do contrato realizarase no prazo de dez días hábiles a contar dende o día seguinte ó da notificaición do acordo de adxudicación. De conformidade co estipulado no art. 137 da LCSP se deberá notificar ós candidatos ou licitadores o referido acordo así como publicarase no Perfil do Contratante tal e como se inidca no art. 138 da LCSP. Tui, 4 de febreiro de 2010. O ALCALDE Asdo. Antonio F. Fernández Rocha.
SUBMINISTRO CAMIÓN-RECOLECTOR PARA A RECOLLID DE LIXO
Data de fin de prazo:2010-04-30 00:00:00 Convocatoria: Adxudicacion definitiva
Expediente:
ANUNCIO
ACORDO DE ADXUDICACIÓN DEFINITIVA XUNTA DE GOBERNO LOCAL SESIÓN DE 15 DE ABRIL DE 2010.- Acordada adxudicación provisional do referido subministro e unha vez que a empresa proposta presentou a documentación requirida para a súa elevación a definitiva , a Xunta de Goberno Local, por unanimidade, adoptou o seguinte acordo: Adxudicar definitivamente á empresa "TALLERES BAULO, S.L.", CIF B36006682, con enderezo en Cendona nº 21-Lérez (36156), Pontevedra, a contratación do subministro de "CAMIÓN RECOLECTOR PARA A RECOLLIDA DE LIXO", polo importe total de 140.000,00€ (Orzamento base: 120.689,66€. IVE: 19.310,34 €), incluído gastos de matriculación, documentación e impostos que correspondan para a posta en circulación, ó se-la proposta máis ventaxosa das presentadas. A formalización do contrato realizarase no prazo de dez días hábiles a contar dende o día seguinte ó da notificación deste acordo. De conformidade co estipulado no art. 137 da LCSP deberase notificar ós candidatos ou licitadores o referido acordo así como publicarase no Perfil do Contratante e no BOP, tal e como se indica no art. 138 da LCSP. Tui, 18 de marzo de 2010 O ALCALDE Asdo. Antonio F. Fernández Rocha
OBRA DE "ACCESIBILIDADE E MELLORA DOS ACCESOS ÓS XARDINS TRONCOSO, ALAMEDA PARQUE SANTO DOMINGO E PISCINAS MUNICIPAIS".-
Data de fin de prazo:2009-12-21 00:00:00 Convocatoria: Adxudicacion definitiva
Expediente:
ANUNCIO
Acordo Xunta de Goberno Local de 18/12/2009 de adxudicación definitiva. Procedemento da contratación: Negociado sen publicidade en razón da súa contía. Presuposto de licitación: Orzamento base: 50.449,89 €. IVE 16% : 8.071,98 €. Orzamento tota l: 58.521,87 € Empresa adxudicataria provisional: ALTRASAN, S.L., CIF: B36303956, con enderezo en Guillarei-Gándara, nº 5, cp 36720 (TUI). Importe adxudicación: Orzamento base: 49.208,75€ IVE 16% : 7.873,40€ Orzamento total : 57.082,15€ O que se fai publico de conformidade co estipulado no art. 138 da LCSP. Tui, 21 de decembro 2009. O ALCALDE
SUBMINISTRO, NA MODALIDADE DE ALUGUER, DE "ILUMINACIÓN E ARCOS ORNAMENTAIS PARA A DINAMIZACIÓN DO CENTRO COMERCIAL ABERTO NAS FESTAS DO NADAL 2009/2010.-
Data de fin de prazo:2009-12-15 00:00:00 Convocatoria: Adxudicacion definitiva
Expediente:
ANUNCIO
Acordo Xunta de Goberno Local de 12/12/2009 de adxudicación definitiva. Procedemento da contratación: Negociado sen publicidade en razón da súa contía, modalidade urxente.. Presuposto de licitación: Orzamento base: 41.850,00€. IVE 16% : 6.696,00€. Orzamento total: 48.546,00€. Empresa adxudicataria :: CREACIONES LUMINOSAS, S.L., CIF B-36351484, con enderezo en r/ Foxo, nº 20, cp 36700 (TUI). Importe adxudicación: Orzamento base: 41.849,00€. IVE 16% : 6.695,84€. Importe total : 48.544,84€. A formalización do contrato realizarase no prazo de dez días hábiles a contar dende este acordo. De conformidade co estipulado no art. 137 da LCSP se deberá notificar ós candidatos ou licitadores o referido acordo así como publicarase no Perfil do Contratamte tal e como se indica no art. 138 da LCSP.
PAVIMENTACIÓN CAMIÑOS LUGAR DE FERNAL E VIDE (DENDE PO- 342 A BARRIO DE VIDE E FERNAL) TUI
Data de fin de prazo:2009-12-31 00:00:00 Convocatoria: Adxudicacion definitiva
Expediente:
ANUNCIO
ACORDO ADXUDICACIÓN DEFINITIVA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE: 17 DE SETEMBRO DE 2009. EMPRESA ADXUDICATARIA :" CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A.", CIF: A- 36008886 con enderezo na Rúa Herminia Fariña Cobián (baixo) 36003, PONTEVEDRA. IMPORTE ADXUDICACIÓN: Orzamento base: 89.594,68 €. IVE: 14.335,15 €. Orzamento total: 103.929,83 €, ó se-la oferta que acadou maior puntuación das presentadas, de conformidade cos criterios de adxudicación establecidos no prego de condicións aprobado. A formalización do contrato realizarase no prazo de cinco días hábiles a contar dende o días seguinte ó da notificación deste acordo. De conformidade co estipulado no art. 137 da LCSP se deberá notifficar ós cadidatos ou licitadores o referido acordo así como publicarase no Perfil de Contratante tal e como se indica no art. 138 da LCSP. Tui, 21 de setembro de 2009.- O ALCALDE, Asdo.: Antonio F. Fernández Rocha
OBRA HUMANIZACIÓN DA RÚA LUGO E BEIRARRÚAS NA RÚA COLÓN DO CENTRO COMERCIAL ABERTO DE TUI
Data de fin de prazo:2009-10-02 00:00:00 Convocatoria: Adxudicacion definitiva
Expediente:
ANUNCIO
ADXUDICACIÓN DEFINITIVA XUNTA DE GOBERNO LOCAL 01/10/2009 - Procedemento de adxudicación : negociado sen publicidade. - Orzamento base de licitación: 114.227,88€. - Cantidade correspondente en concepto de IVE: 18.276,46€. - Orzamento total execución contrata: 132.504,34€. Adxudicatario : ALTRASÁN, S.L., CIF: B36303956. Importe adxudicación: - Orzamento base: 114.227,88€ - Cantidade correspondente en concepto de IVE:18.276,46€. - Orzamento total execución contrata: 132.504,34€ Tui, 2 de OUTUBRO de 2009 O ALCALDE
OBRA SANEAMENTO FOXO-VAQUEIRO EN REBORDANS
Data de fin de prazo:2009-10-02 00:00:00 Convocatoria: Adxudicacion definitiva
Expediente:
ANUNCIO
ADXUDICACION DEFINITIVA XUNTA DE GOBERNO LOCAL 3/09/2009.- - Procedemento de adxudicación: negociado sen publicidade. - Orzamento base de licitación: 49.402,40€. - Cantidade correspondente en concepto de IVE: 7.856,38€. - Orzamento total execución contrata: 56.958,78€. Adxudicatario: HIDROMIÑO, S.L., CIF: B36440196. Importe adxudicación: Orzamento base: 49.402,40€. - Cantidade correspondente en concepto de IVE: 7.856,38€. - Orzamento total execución contrata: 56.958,78€. Tui, 8 de setembro 2009 O ALCALDE