Dalle volta ao viño. Xornadas de Cata

Data:
26/05/2022
Lugar:
Tui
O 26 de maio comezan as Xornadas de Cata ""Dalle a volta ao viño". É unha iniciativa na que colaboran a Asociación de empresarios de Tui (EMPRETUI) , a asociación A Emoción dos Viños e o Concello de Tui co obxectivo de a dinamizar a hostalaría tudense ao tempo que se promociona a cultura do viño e se dan a coñecer distintos viños galegos.
As catas comentadas terán lugar en 5 establecementos: Cafetería Entrehoras, Cafetería Amazonas, Restaurante O Pote, restaurante El Molino, e tapería Tapas e viños.
Nas mesmas daranse a coñecer castes, denominacións de orixe, indicacións xeográficas protexidas, elaboracións e tamén un achegamento os viños portugueses. Ademais nestas catas comentadas tentarase rachar cun unha serie de tópicos sobre o viño, ensinar nocións de cata e maridaxes.

Datas
26 de maio ás 20.30 h na cafetería Entrehoras: “Castes ancestrais galegas” algunhas delas recuperadas recentemente e que forman parte do patrimonio vitivinícola galego .
Prazas limitadas a 16 persoas. Cataranse 6 viños. Prezo por persoa 17 €. Inscrición previa en emociondosvinhos@gmail.com
Prazas limitadas a 16 persoas. Cataranse 6 viños. Prezo por persoa 17 €. Inscrición previa en emociondosvinhos@gmail.com
Programación
- 26 de Maio: Castes Ancestrais Galegas, Cafetería Entrehoras.
- 2 de Xuño: Falemos das I.X.P. Primeira parte, Cafetería Amazonas
- 16 de Xuño : Falemos de I.X.P. Segunda parte, Restaurante O Pote.
- 30 de Xuño: As Brancas Gañan, Restaurante El Molino.
- 6 de Outubro: Naturalmente Viños, Tapas e Viños
- 20 de Outubro: Os nosos irmáns Portugal Parte 1, Entrehoras.
- 10 de Novembro: Os nosos Irmáns Portugal Parte 2, Amazonas.
- 24 de Novembro: Rompendo Tópicos no viño, Restaurante O Pote
- 1 de Decembro: Burbullas parte 1, Tapas e viños.
- 15 de Decembro: Burbullas parte 2, Restaurante El Molino
Máis información sobre as xornadas no teléfono de Empretui: 604 032 731