Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

O conxunto histórico tudense, o segundo en importancia e tamaño de Galicia, é o máximo expoñente do patrimonio tudense. As rúas vellas de Tui gardan auténticos tesouros mais aló das impoñentes construcións ou das pequenas vivendas que se agrupan nel. Escudos, brasóns, inscricións fan do conxunto histórico de Tui, declarado Ben de Interese Cultural, un lugar para coñecer, aprender e descubrir. Pero outros moitos puntos do casco urbano e das parroquias atesouran outros elementos destacados moitos deles vinculados á cultura popular e do patrimonio relixioso.

Tui acolle a quinta parada do Museo en Camiño para difundir o “Espírito Xacobeo” no Camiño Portugués

Undefined

O próximo xoves, 13 de maio, chega a Tui o quinto taller do Museo en Camiño, unha iniciativa que se está a desenvolver no marco do programa O Teu Xacobeo da Xunta, e que conta cunha achega de 11.500 euros da administración autonómica.

Esta actividade desenvolverase no Edificio “Francisco Sánchez” (antiga Área Panorámica) de 17 a 18:30h e terá como finalidade que nenos e nenas de 6 a 12 anos coñezan os valores da ruta xacobea así como o patrimonio atesourado no Museo Provincial de Pontevedra.

Os propietarios de inmobles no conxunto histórico interesados no programa Rexurbe convocados a unha reunión informativa

Undefined

O conxunto histórico de Tui é un dos tres beneficiarios, xunto aos da Coruña e Ribadavia, do Programa Rexurbe do IGVS da Xunta de Galicia. O programa consiste na compra por parte do IGVS de solares, vivendas, edificios ou ruínas ubicadas no ámbito do Conxunto Histórico de Tui para proceder á súa rehabilitación co obxecto de destinalos a vivenda social en venda ou aluguer.

Os propietarios interesados poden presentar até o 9 de xullo a documentación coa súa oferta de solar ou inmoble para ser adquirido polo IGVS.

A Red de Juderías promove o programa educativo “Benjamín de Sefarad” para o alumnado de 6º de Primaria e 1º da ESO

Undefined

A Rede de Juderías promove, un ano máis, o Programa Educativo “Benjamín de Sefarad” para dar a coñecer entre os e as estudantes o legado xudeu das cidades que forman parte da Rede de Juderías de España. Esta actividade vai dirixida ao alumnado de 6º de Primaria e de 1º da ESO de toda España convite de converterse en “Descubridores de Sefarad” dun modo ameno e moi divertido. Tamén se lles convida a participar na terceira edición do Concurso de Micro-relatos da Red.

O Concello de Tui crea o Foro do Camiño Portugués

Undefined

O Concello de Tui continua avanzando no impulso de iniciativas a prol do Camiño Portugués ao entender que esta ruta xacobea é un dos principais recursos patrimoniais e turísticos do concello. Neste senso pon en marcha unha iniciativa denominada “Foro do Camiño Portugués” co obxectivo de realizar cada mes unha charla sobre temáticas xacobeas relacionados coa peregrinación polo Camiño Portugués. Trátase dunha sesión presencial pero retransmitida en liña, en tui.gal,  para favorecer o acceso de todos os interesados.

Resumo axudas vivenda conservación e accesibilidade

AXUDAS PARA CONSERVACIÓN, A MELLORA DA SEGURIDADE DE UTILIZACIÓN E A ACCESIBILIDADE EN VIVENDAS
PERSOAS BENEFICIARIAS
• Persoas físicas propietarias de vivendas unifamiliares, de edificios de tipoloxía residencial colectiva e das vivendas situadas nestes edificios.
• Comunidades de propietarios, e agrupacións de comunidades.
• Persoas físicas inquilinas dunha vivenda que asuman, en virtude dun acordo coa persoa arrendadora, o custo das actuacións de rehabilitación que correspondan, a cambio do pagamento da renda.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Patrimonio