Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local. 

Proceso de selección contratación formativa "Primeira experiencia laboral nos Concellos"

Undefined

No día de hoxe (22/06/2022) se realizou a valoración dos méritos dos aspirantes o proceso de selección para a contratación formativa dun xornalista e dun bibliotecario. Os aspirantes a xornalista dispoñen de dous día hábiles (ata o luns día 27/06/20222) para presentar alegacións as puntuacións provisionais, no caso do contrato formativo de bibliotecario, este é declarado deserto ao non presentarse aspirante algún.

Procesos selectivos persoal interino para as piscinas muncipais

Undefined

Mediante Resolucións da Concellería de persoal de data 16/06/2022 se aproboran a lista de aspirantes, o nomeamento do tribunal e data de realización das probas selectivas para o nomeamento interino de 2 operarios de servizos e mantemento a tempo parcial  e dun operario de mantemento a tempo completo para a piscina municipal.

O Concello de Tui vai contratar a dúas persoas ao abeiro do programa “Primeira experiencia profesional” da Deputación de Pontevedra

Undefined

O Concello de Tui vai proceder á contratación de dúas persoas ao abeiro do programa “Primeira experiencia profesional” da Deputación de Pontevedra. Será unha persoa coa  titulación de xornalismo e outra coa diplomatura en biblioteconomía ou grao en información e documentación.

Proceso para a contratación formativa dentro do proxecto "A túa primeira experiencia profesional "nos Concellos

Undefined

O Concello de Tui, ten aberto un proceso de selección para a contratación formativa de dúas persoas unha  para a titulación de xornalismo e outra para diplomatura en biblioteconomía ou grao en información e documentación, dentro do proxecto "A túa primeira experiencia profesional nos Concellos".

Os candidatos deberán estar anotados na oficina de emprego, dado que a preselección de candidatos se realizará a través de oferta a oficina de emprego.

Proceso de selección contratación formativa " A túa primeira experiencia profesional" 2022

Mediante Resolución da Concellería de persoal de data 28/06/2022 se requiriu o aspirante Don Lucas Méndez Veiga a documentación necesaria para a formalización do contrato formativo vinculado o programa "primeira experiencia profesional nos concellos", o prazo para a presentación da documentación é de tres días hábiles.

Rematada a segunda obra de restauración do obradoiro de emprego Revaloriza Tui

Undefined

O alumnado do Obradoiro dual de Emprego “Revaloriza Tui ” vén de rematar a restauración do Lavadoiro do  Souto en Guillarei.  Foi un traballo conxunto realizado polos alumnos a alumnas das dúas especialidades deste proxecto formativo Colocación de Pedra Natural e Montaxe e Instalación de Construcións de Madeira.

En marzo completaran xa a restauración do lavadoiro de Laxes en Randufe.  Agora tras concluír estes dous primeiros traballos o alumnado avanza na restauración do Lavadoiro de  Fontenla en Areas e da fonte de Albelos en Guillarei.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Emprego e Formación