Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui conta cunha longa tradición industrial e comercial, cunha importante actividade dende inicios do século XX, marcada en boa parte polas relacións comerciais con Portugal. Na actualidade a cidade mantén esa tradición cunha presenza de comercios de diversos sectores, ao que se suma a existencia, no Parque Empresarial de Areas, dun centro comercial Outlet. Semanalmente, os xoves, celébrase un mercado nas rúas novas e no Paseo da Corredoira. Tamén o Mercado de Abastos rexistra unha importante actividade sendo os días prinicipais os xoves e os sábados. 

Estase a elaborar unha listaxe dos comercios abertos ou con entrega a domicilio e dos servizos que ofertan

Undefined

O Concello de Tui, a través da concellería de Comercio, comezou a elaborar confeccionar unha listaxe dos comercios locais que durante este Estado de Alarma continúan a prestar os seus servizos, ben con atención ao público, coma na modalidade non presencial co servizo de encarga por teléfono ou web, e reparto a domicilio.

Servizo de encarga na Praza de Abastos de Tui

Undefined

A Praza de Abastos de Tui continua a ofrecer produto fresco cada día de luns a sábado. As praceiras e os praceiros adoptaron as medidas de seguridade indicadas polas autoridades competentes frente ao COVID19.

Agora poñen a disposición dos clientes un servizo de encarga por teléfono para evitar así os desprazamentos e que a permanencia na praza sexa durante o menor tempo posible. Deste xeito realízase a encarga por teléfono e recóllese unha vez estea preparada.

Algúns deles ofrecen tamén o servizo de entrega a domicilio.

Tui pecha as instalacións culturais e deportivas e suspende a programación propia coma medida preventiva ante o coronavirus

Undefined

O Concello de Tui vén de acordar unha serie de medidas para previr o contaxio por Coronavirus. Estas decisións adoptáronse por unanimidade na xunta de portavoces celebrada este mediodía na casa do concello. A duración ou modulación das medidas adoptadas se tomará de acordo coas directrices establecidas polas autoridades sanitarias competentes.

Así pecharanse as instalacións municipais de carácter cultural e deportivo dende mañá e suspéndese a programación propia.

Unha véntena de comercios, actividades musicais e infantís conformarán a Feira de Oportunidades de Tui

Undefined

O paseo da Corredoira de Tui acollerá o sábado 21 e o domingo 22 de marzo, de 10 a 20 h, a Feira de Oportunidades de Tui organizada por ACITUI, a Asociación de Comerciantes de Tui, coa colaboración do Concello de Tui.

Este evento foi presentado este mediodía na casa do concello por Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, Ana Mª Núñez, concelleira de Comercio, Juan Carlos Blanco, presidente, Manuel Santos, vicepresidente e Quina González vogal de ACITUI.

Mañá preséntase a Feira de Oportunidades de Tui

Undefined

Mañá mércores, 11 de marzo, ás 12 h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación da Feira de Oportunidades organizada por ACITUI coa colaboración do Concello de Tui.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez, do presidente de ACITUI, Juan Carlos Blanco, Manuel Santos, vicepresidente e Quina González, vogal de ACITUI.

Unha véntena de locais participan no II Concurso Tui&Tapa neste mes de marzo

Undefined

Unha véntena de establecementos de restauración de Tui participan neste mes de marzo no II Concurso Tui&Tapa.  Trátase dunha iniciativa da Asociación Cultural Arraianos que conta coa colaboración do Concello de Tui a través das concellerías de Comercio e Turismo.

Esta mañá tivo lugar a presentación deste evento por parte da concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez, o concelleiro de Servizos Sociais e Medio Ambiente, Ismael Diz, e a presidenta de Arraianos, Andrea Costa.

Mañá preséntase Tui&Tapa 2020

Undefined

Mañá martes, 3 de marzo, ás 12.30 h na Tapería Época no Liceo Casino de Tui presentarase a ruta de tapas “Tui&Tapa 2020” organizada pola Asociación Arraianos coa colaboración do Concello de Tui.

Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez, e a presidenta da Asociación Cultural Arraianos, Andrea Costa.

A fotografía de Pedro Fernández gañadora da campaña “Tui é un amor, namórate de Tui”

Undefined

Pedro Pablo Fernández Pérez con 968 Me Gusta na súa fotografía en Instagram na que aparece unha parella na praza de San Fernando, co Love instalado aos pés da Catedral, é o ganador da campaña “Tui é un amor, namórate de Tui”. Poderá disfrutar dunha noite para dúas persoas en Aloia Nature.

Gaña con Tui é un amor

Undefined

As concellerías de Comercio e de Turismo do Concello de Tui  coa colaboración do comercio local teñen en marcha a campaña “Tui é un amor. Namórate de Tui” co gallo do Día dos Namorados.. O obxectivo da mesma é fomentar as compras no comercio local con motivo da celebración do Día dos Namorados e promocionar turisticamente a cidade.

Dentro desta campaña as persoas que realicen fotografías nos elementos decorativos instalados nas rúas tudenses poderán optar a tres premios. 

Comeza a campaña “Tui é un amor. Namoráte de Tui” que busca a promoción da cidade e do comercio local

Undefined

“Tui é un amor. Namórate de Tui” é o lema da campaña que hoxe mesmo se pon en marcha en Tui co gallo do Día dos Namorados.  Trátase dunha iniciativa conxunta das concellerías de Comercio e de Turismo do Concello de Tui que conta coa colaboración do comercio local. O obxectivo é fomentar as compras no comercio local con motivo da celebración do Día dos Namorados.

A campaña foi presentada este mediodía na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, xunto á concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez, e o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Comercio e Mercado